 |
Silvestrismo
Competicións de paxariles. Valóranse as cualidades de canto dos diferentes paxaros (pardillos, xílgaros e verderolos). |
| |
|
 |
Percorridos de caza con arco
Similar aos percorridos de caza pero en vez de escopeta utilízase arco e, en vez de ratos, utilízanse dianas ou siluetas de animais. |
| |
|
 |
Compak sporting
Similar aos percorridos de caza, é unha disciplina de tiro ao prato, con pratos de arxila, e pódese desenvolver en instalacións de tiro ao prato. |
| |
|
 |
Cans de rastro sobre coello
Trátase de valorar as cualidades de caza dos cans, que deberán seguir o rastro dos coellos sen capturar a peza. |
| |
|
 |
San Huberto
Son probas de cans, valóranse as cualidades naturais, educación cinexética e adestramento do can, así como as habilidades e técnicas de caza do cazador. |
| |
|
 |
Caza menor con can
É a caza propiamente dia (caza habitual no monte), onde se valoran as pezas cobradas. |
| |
|
 |
Raposo
É semellante a unha 'batida' das que se fan habitualmente. Valórase o número de raposos cobrados. |
|
 |
Cetrería
Consiste en valorar o espírito deportivo do cetreiro e as cualidades naturais e adestramento das aves e dos cans. Existen 3 modalidades: Altanería, Baixo Voo e Sky Trial. |
| |
|
 |
Caza con arco ó voo
Nestas competicións emprégase can e valórase a destreza e manexo do arco e as cualidades do can en localizar e levantar a peza, e abatir a especie en voo por parte do arqueiro. |
| |
|
 |
Percorridos de caza
Intenta simular sobre branco móbil as distintas especies cinexéticas que nos podemos atopar nos nosos montes durante unha xornada de caza. |
| |
|
 |
Cans de rastro atrelados sobre xabaril
As competicións consisten basicamente en seguir unha pista do xabaril con axuda dun can de rastro que terá que ser conducido á grade ou "traílla". |
| |
|
 |
Cans de parada
Similar ás probas de caza de San Huberto, pero sen morte da caza. Valóranse as cualidades naturais, educación cinexética e adestramento do can. |
| |
|
 |
Caza de arceas
É a caza propiamente dia (caza habitual no monte), onde se valoran as pezas cobradas. Posúe o mesmo regulamente que a caza menor pero a única especie a cazar é a arcea |
|