Federación Galega de Caza
· < Inicio >
 
A Federación
· Introducción
· A nosa afiliación
· A caza que defende a FGC
· Organigrama FGC
· FGC en A Coruña
· FGC en Lugo
· FGC en Ourense
· FGC en Pontevedra
 
Competicións
· Modalidades
· Regulamento
· Normativa
· Calendario
· Resultados
 
(pasar cursor para desplegar o menú)
 
Federarse
· Vantaxes dos federados
· Tipos de licencias federativas
· Federarse por Internet
· Licencias de caza
· Emisoras
 
Sociedades
· Información
· Axudas
· Impresos
· Novas
· Plan Aproveitamento 2009/10
 
Seccións
· Fotos
· Ligazóns
· Taboleiro de anuncios
· Oferta cinexética
· Recetas de caza
· A tua opinión conta
· A FGC responde
· Publicacións
· Contacto
 
Prensa
· Notas de prensa
· A FGC opina
· Revista de prensa
· Descarga de imaxes
 


Axudas

· Orde pola que se regula o exame do cazador (inclúe folla de inscrición)
Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame do cazador na Comunidade Autónoma de Galicia.

· Modelo de taxa
Inclúe os códigos cos que debe cumprimentar a taxa de inscrición no exame

· Listado completo de preguntas
Enunciado das posibles preguntas que poderán formar parte do primeiro exercicio, (proba teórica). 40 das 60 preguntas da proba, serán seleccionadas entre as 100 primeiras destas preguntas.

· Exame visual especies cinexéticas
Ilustracións que se empregarán no segundo exercicio de carácter práctico

· Exame visual especies non cinexéticas
Ilustracións que se empregarán no segundo exercicio de carácter práctico

 

 

Instruccións

 
1. Cumprimentar e presentar a solicitude de inscrición no exame (inclúese ao final da orde), cunha antelación dun mes, na Delegación Provincial de Medio Ambiente correspondente. A solicitude deberá ir acompañada ademais de copia do DNI, e do pagamento da taxa oficial, 10,00 €uros, que poderá abonar en Caixa Galicia, Caixanova ou Banco Pastor; o impreso de pagamento facilítanllo na mesma entidade bancaria, pero deberá cumprimentalo cos códigos e cos seus datos persoais, segundo o modelo que se atopa arriba.
 
2. A continuación deberá remitir ao fax do Servizo de Conservación da Natureza, copia da solicitude, do DNI e da taxa.
 
3. Os exames serán o primeiro luns dos meses de febreiro, xuño e setembro (cando os luns coincidan con días inhábiles trasládarase ao día hábil seguinte). Aconsellámoslle que unha vez presentada a solicitude e remitido o Fax, se poñan en contacto co Servizo Provincial de Conservación da Natureza para confirmar que está admitido nas probas.
 
4. O exame teórico consta dun cuestionario tipo test con respostas alternativas, sobre 60 preguntas, e dun exercicio práctico consistente no recoñecemento de especies cinexéticas e non cinexétias. Non nos consta que existan libros editados coas respostas aos posibles exercicios do exame, nembargantes sí contamos cun cuestionario de preguntas -dentre as cales sairán as do exame- e coas ilustracións das especies, que pode atopar na parte superior desta páxina.
 
5. O temario do exame é o seguinte:
 
  • Lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Bioloxía e ecoloxía das especies cinexéticas de Galicia
  • Identificación, por sexo e idade, das especies cinexéticas e non cinexéticas que poidan ser confundidas coas anteriores, e determinación dos exemplares que son pezas de caza.
  • Modalidades de caza e normas de seguridade nas cacerías
  • Delitos e faltas relacionadas coa caza no Código Penal
  • Coñecementos básicos do procedemento sancionador
  • Nocións básicas sobre sintomatología das enfermidades que afectan ás especies cinexéticas
  • Normativa legal que afecta aos cans de caza
  • Nocións básicas sobre valoración de trofeos de caza
6. A orde 1/6/2007 da Consellería de Medio Ambiente, que regula o exame de caza na Comunidade Autónoma de Galicia, tamén establece no seu artigo 7 que serán válidas para obte-la licenza de caza de Galicia, sen ter que supera-lo exame, as licenzas de caza expedidas por outras Comunidades Autónomas.


   

logotipos Precisará do programa Adobe Reader para visualizar moitos documentos desta web. Se non o ten, prema na imaxe da dereita para descargarlo gratuitamente Descargue Acrobat Reader
     
Federación Galega de Caza · Política de privacidade
 
Enviar correo electrónico