 |
| |
| ORDE do 22 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2012. |
| Esta orde ten por obxecto establecer unha liña de axudas para fomentar a aplicación de medidas de protección do gando saneado en explotacións extensivas ou semiextensivas, para o cal se incentivará a adquisición de elementos preventivos e disuasorios dos ataques do lobo ao gando saneado das especies vacúa, cabrúa, ovina e de porco celta. |
Ver documento completo |
 |
| |
| RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral para o Deporte,
pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento
de actividades deportivas, e pola que se procede á súa convocatoria. |
| Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, e que rexerán a concesión de subvencións pola Secretaría Xeral para o Deporte destinadas aos clubs deportivos, agrupacións deportivas escolares de Galicia e sociedades anónimas deportivas para a súa participación en competicións oficiais, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2012. |
Ver documento completo |
 |
| |
| ORDE do 4 de xullo de 2011 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 14 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011. |
A Orde do 14 de decembro de 2010 establece as bases reguladoras e convoca para o ano 2011 as axudas para paliar os danos producidos polo lobo.
No seu artigo 11 precísase a aplicación orzamentaria e o importe previsto para o financiamento das axudas e establece que o importe poderá ser incrementado de acordo co establecido no parágrafo primeiro do artigo 9.6 da mesma orde.
A dotación inicial resultou insuficiente para cubrir o total do gasto necesario para atender as solicitudes do período anual establecido. |
Ver documento completo |
 |
| |
| Orde do 14 de decembro de 2010 pola que
se establecen as bases reguladoras das
axudas para paliar os danos producidos
polo lobo, e se convocan para o ano 2011 |
| Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensalos polos danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2011. |
Ver documento completo |
 |
| |
| Orde do 13 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2011 |
| Esta orde ten por obxecto establecer unha liña de axudas para fomentar a aplicación de medidas de protección do gando saneado en explotacións extensivas ou semiextensivas, para o cal se incentivará a adquisición de elementos preventivos e disuasorios dos ataques do lobo ao gando saneado das especies vacúa, cabrúa e ovina. |
Ver documento completo |
 |