|
Conforme ó establecido na Lei 11/1997, de 22 de agosto, Xeral do Deporte de Galicia (DOG nº 170 de 4-9-1997), e demais Normativa aplicable, é necesaria a presentación da documentación que a continuación se cita, co obxecto de inscribir unha Sociedade no Rexistro de Asociacións Deportivas da Dirección Xeral para o Deporte e na Federación Galega de Caza.
1. SOLICITUDE DE INSCRICIÓN . Solicitude da Sociedade dirixida ó Sr. Delegado Provincial da Consellería de Cultura e Deporte, cumprimentando tódolos datos que nela se sinalan.
Esta solicitude deberá asinala o Presidente da Sociedade.
2. ACTA DE CONSTITUCIÓN . Nela figurarán as persoas que constitúen a Sociedade (como mínimo 5 membros). Deberanse cumprimentar tódolos datos que figuran no impreso.
Este documento deberán asinalo tódalas persoas que se relacionan nel.
IMPORTANTE: Entre a data da Acta de Constitución, e o resto da documentación deberán de mediar alomenos 15 días naturais (Exemplo: se unha Sociedade se constitúe o día 1 de Xaneiro, esta data figurará na Acta de Constitución, mentres que no resto da documentación deberá figurar coma mínimo o día 15 de Xaneiro).
3. CERTIFICACIÓN DE APROBACION DE ESTATUTOS . Será emitido polo Secretario Xeral da Sociedade, cumprimentando tódolos datos que figuran no impreso.
Este documento deberán de asinalo o Presidente e Secretario da Sociedade.
4. RELACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA . Relación de tódolos membros da Xunta Directiva ou Xunta Xestora da Sociedade, con expresión de tódolos datos que se indican no impreso (mínimo 5 Directivos e máximo 15).
Este impreso deberán de asinalo tódolos Directivos que figuren na relación.
5. ESTATUTOS. Deberán de axustarse ao modelo oficial que facilitará ó efecto a Federación Galega de Caza, cumprimentando tódolos apartados que figuran en branco.
Deberán de asinarse tódalas páxinas dos Estatutos (á marxe esquerda) por tódolos membros da Xunta Directiva.
6. TAXA DE AUTOLIQUIDACIÓN. Á Documentación anterior unirase o exemplar correspondente á Administración da Taxa de Autoliquidación da Inscrición no Rexistro de Asociacións Deportivas a favor da Dirección Xeral para o Deporte ( 9,04€uros ). Dita taxa deberá de cumprimentarse cos datos do Presidente da Sociedade, e facela efectiva en Caixa Galicia ou calquera outra oficina bancaria das que se sinalan no impreso orixinal da mesma.
7.MODELO DE REQUISITOS |