Federación Galega de Caza Enviar correo electrónico
· < Inicio >
 
A Federación
· Introducción
· A nosa afiliación
· A caza que defende a FGC
· A FGC opina
· Organigrama FGC
· FGC en A Coruña
· FGC en Lugo
· FGC en Ourense
· FGC en Pontevedra
 
Competicións
· Modalidades
· Regulamento
· Normativa
· Calendario
· Resultados
 
Lexislación
· Estatutos FGC
· Lei Xeral do Deporte
· Lei de Caza de Galicia
· Modificación Lei de Caza
· Regulamento de Caza
· Exame do cazador
· Orde de Vedas
· Regulamento de armas
· Lei Conservación da Natureza
· Pasaporte e Cartilla sanitaria cans
· Lei de Incendios
· Decreto prevención de incendios
· Lei de Seguridade Vial
· Lexislación noutras comunidades autónomas
 
Federarse
· Vantaxes dos federados
· Tipos de licencias federativas
· Federarse por Internet
· Licencias de caza
· Emisoras
 
Sociedades
· Novas
· Axudas
· Información
· Impresos
 
Seccións
· Fotos
· Ligazóns
· Taboleiro de anuncios
· A tua opinión conta
· A FGC responde
· Publicacións
· Contacto
 
Prensa
· Notas de prensa
· A FGC opina
· Revista de prensa
· Descarga de imaxes
 

Destacados


Novas
A FGC organiza as Xornadas sobre o Corzo en A Fonsagrada, os dias 12 e 13 de xullo
Eventos

Celébrase a Asemblea Xeral anual da Federación Galega de Caza
Federación

As Xornadas de Xestión Cinexética e Medio Ambiente de Portas chegan á sua quinta edición con éxito de convocatoria
Eventos

Resultados das probas disputadas na XII Festa da Caza de Lugo
Competicións

Antonio Iglesias Otero proclámase Campión Galego de Compak Sporting
Competicións

A Venatoria de Santiago organizou unha xornada de caza e pesca na que participaron máis de medio centenar de rapaces
Eventos

Medio Rural publica o decreto polo que se establece o pasaporte e cartilla sanitaria para os cans, gatos e furóns
Lexislación

Martín Baqueiro Villafines proclámase Campión Provincial de Pontevedra de Compak Sporting
Competicións

Triunfo dos infantís galegos no V Campeonato de España Copa Presidente de Recorridos de Caza con Arco
Competicións

Medio Ambiente publica un orde pola que establece axudas para espazos declarados como parques naturais
Axudas e Subvencións

Resultados do Campionato Provincial de A Coruña de Silvestrismo
Competicións

Antonio Iglesias Otero proclámase Campión Provincial de A Coruña de Compak Sporting
Competicións

Artemio Formoso Barro proclámase Campión Provincial de Lugo de Compak Sporting
Competicións

Máis de 170 cans chegados de toda España participaron en Xinzo de Limia na XV Monográfica do “Club Español del Epagneul Bretón”
Eventos

Medio Ambiente publica a orde de vedas para a tempada 2008/2009
Lexislación

A FGC estivo presente na segunda edición de FORESGAL, a feira forestal de Galicia
Eventos

A FGC organiza nos meses de abril e maio varios cursos de iniciación para xuíces
Eventos

Medio Ambiente publica a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril
Axudas e Subvencións

A Real Federación Española de Caza firma un acordo de patrocinio coa marca Mitsubishi para ofrecer descontos aos seus federados
Eventos

Unha veintena de traballadores das federacións deportivas galegas, celebraron o pasado 1 de febreiro, nun coñecido restaurante compostelán, a súa primeira xuntanza
Eventos
Antes do comezo da reunión, os asistentes tiveron a oportunidade de conversar uns intres co Subdirector Xeral de Deportes, Ramón Brigos, que se achegou ata o lugar do encontro para saudar aos traballadores.

A cuadrilla lucense “Xian” gaña na V Copa España de Caza de Raposo
Competicións
O pasado 27 de xaneiro de 2008 tiña lugar en Portomarín (Lugo) a quinta edición da Copa España de Caza de Raposo, organizada pola Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza en colaboración con 22 sociedades de toda a zona.

A cuadrilla lucense “Pasarela de Friol” proclámase Campiona Galega de Caza de Raposo
Competicións
O pasado 20 de xaneiro de 2008 tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores Val de Lemos o XIII Campionato Galego de Caza de Raposo, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores Val de Lemos.

Medio Ambiente publica a orde de axudas para a conservación e recuperación das poboacións de coello de monte
Axudas e Subvencións

Resultados dos Campionatos Provinciais de Caza de Raposo
Competicións

Medio Ambiente publica a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2008
Axudas e Subvencións

Medio Ambiente publica a orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2008 axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia
Axudas e Subvencións

A cuadrilla “Parrillada Antonio” proclámase gañadora da II Liga Popular de Caza de Raposo
Competicións
Por segundo ano consecutivo tiña lugar en varios tecores da zona sur da provincia de Lugo a denominada Liga Popular de Caza de Raposo, organizada por GESTEGA en colaboración coa Federación Galega de Caza en Lugo.

A feira FICAAR & Jeep 2008 terá lugar do 29 de febreiro ao 2 de marzo
Eventos
A Feira Internacional da Caza e as Armas FICAAR & Jeep 2008 abrirá as suas portas do 29 de febreiro ao 2 de marzo no Pabellón de Cristal da Casa de Campo, en Madrid.

Cazadores galegos participarán de novo no Premio Galaico-Portugués de San Huberto
Competicións
Do 24 ao 27 de xaneiro terá lugar un ano máis en Macedo de Cavaleiros (Portugal) a Festa dos Caçadores do Norte que incluirá multitude de eventos relacionados ca actividade cinexética: congresos, feiras de cans, demostracións, etc e tamén un ano máis unha proba de San Huberto.

Jesús Feijoo Fariña proclámase Campión Galego de Caza de Arceas
Competicións
O pasado 8 de decembro de 2007 tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Friol, en Friol (Lugo) a décimo segunda edición do Campionato Galego de Caza de Arceas, organizada pola FGC en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Friol.

Rubén Martínez Bugallo proclámase Campión Galego de Caza Menor con Can
Competicións
O pasado 1 de decembro de 2007 tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de O Irixo, en O Irixo (Ourense) a vixésimo primeira edición do Campionato Galego de Caza Menor con Can, organizada pola FGC en colaboración coa Sociedade de Cazadores de O Irixo.

Sinistralidade cero, obxectivo da campaña 'Caza seguro, para cazar ben'
Federación
A FGC presentaba esta maña en Lugo unha nova edición da campaña 'Caza seguro, para cazar ben' con varias novidades respecto á edición do pasado ano.

Resultados dos Campionatos Provinciais de Caza de Arceas
Competicións
O pasado sábado 24 de novembro disputábanse nas 4 provincias os respectivos Campionatos Provinciais de Caza de Arceas, cuns excelentes resultados en canto a participación e número de capturas. Prema para ver os resultados.

Medio Ambiente convoca para o vindeiro dia 3 de decembro o primeiro exame do cazador
Lexislación
O vindeiro lunes 3 de decembro ás 10h terá lugar en cada unha das provincias galegas o primeiro exame do cazador, de acordo ca orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame do cazador na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prema para consultar a orde, así como o listado completo das posibles preguntas que aparecerán neste exame.

Victor Brais González Otero e Paulino Vázquez García proclámanse Campións Galegos de Cetrería en Baixo Voo e Sky Trial respectivamente
Competicións
O pasado 28 de outubro de 2007 tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia (Ourense) o VI Campionato Galego de Cetrería, que consta de duas modalidades: Baixo Voo e Sky Trial.

Resultados dos Campionatos Provinciais de Caza Menor con Can
Competicións
Nas duas últimas semanas celebráronse os respectivos Campionatos Provinciais de Caza Menor con Can. Antonio Olveira Pego en Coruña, Alonso López Fernández en Lugo, José Estévez Álvarez en Ourense e Adelino Oliveira Lorenzo foron os campións.

A Federacion Galega de Caza aposta por un trato diferenciado para o lobo dentro do plan de xestión desta especie
Federación

A Federación Galega de Caza pon en marcha o programa 'Compartir Caza'
Federación
A Federación Galega de Caza pon en marcha neste mes de outubro o programa “Compartir Caza”. Esta iniciativa, que conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, trata de contribuír a pór en valor a actividade cinexética en Galicia e conta cun claro sentido de solidariedade entre afeccionados.

Galicia estrea a nova tempada de caza o vindeiro 21 de Outubro
Federación
Galicia pecha a veda para a nova tempada de caza o vindeiro 21 de outubro. Serán un total de 26 xornadas, distribuídas ao longo de catro meses, e nas que máis de 60.000 cazadores de toda Galicia poñerán en práctica este deporte nos TECORES galegos.

Mariano Muiño Villar proclámase Campión Galego de Cans de Rastro de Coello
Competicións
O pasado 6 de outubro de 2007 no Tecor ‘Urogallo’ de Ferrol tiña lugar o XVII Campionato Galego Cans de Rastro na modalidade de coello, organizada pola FGC en colaboración coa Sociedade de Caza ‘Urogallo’ de Ferrol.

Mariano Muiño Villar proclámase Campión Provincial de A Coruña de Cans de Rastro de Coello
Competicións
O pasado 29 de setembro de 2007 no Tecor ‘Urogallo’ de Ferrol tiña lugar o XV Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro na modalidade de coello, organizada pola FGC en colaboración coa Sociedade de Caza ‘Urogallo’ de Ferrol.

Juan Francisco Pousa Fernández proclámase Campión Provincial de Ourense de Cans de Rastro de Coello
Competicións
O pasado 29 de setembro de 2007 no Tecor da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia tiña lugar o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro na modalidade de coello, organizada pola FGC en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

Victor Casqueiro Casqueiro proclámase Campión Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro de Coello
Competicións
O pasado 22 de setembro de 2007 no Tecor “San Martín” de O Grove tiña lugar o XIV Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro na modalidade de coello, organizada pola FGC en colaboración coa Sociedade de Caza ‘San Martín’ de O Grove.

A Sociedade de Caza ‘Coto Suído’ organiza a ‘I Xornada por unha caza sostible’ para a recollida de residuos no monte
Eventos
O pasado domingo 16 de setembro a Sociedade de Caza ‘Coto Suido’ celebraba a primeira edición dunhas xornadas para a recollida de todo tipo de residuos no monte (latas, plásticos, botellas, cartuchos, etc) no Tecor pertencente a dita sociedade e á que da nome, que inclue as parroquias de Campo, Foce e Piñeiro do Concello de Covelo (Pontevedra), e cunha extensión total de 2.230Ha.

Resultados do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco ao Voo
Competicións
Os pasados 8 e 9 de setembro tiñan lugar en Poutomillos (Lugo) os Campionatos Galegos de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco ao Voo

Os galegos retornan con duas meritorias medallas de bronce do Campionato de España de San Huberto
Competicións
Os pasados 8 e 9 de setembro tiña lugar en Cieza (Murcia) a vixésimo sexta edición do Campionato de España de Caza San Huberto, organizado pola Real Federación Española de Caza en colaboración coa Federación de Caza de Murcia. A nosa comunidade contaba con importante representación nas tres categorías nas que se disputaba a proba: masculina, feminina e springer, sendo nestas duas últimas onde se acadaron as mellores puntuacións.

Ramón Varela Casas gaña a proba de Cans de Rastro sobre coello disputada en Narón
Competicións
O pasado 1 de setembro de 2007 tiña lugar unha proba de Rastro de Coello no tecor da Sociedade de Cazadores ‘Urogallo’ en Narón (A Coruña). Participaban 14 equipos, entre os cales o formado por ‘Lety’, ‘Boris’, ‘Cuqui’ e ‘Roy’, conducidos por Ramón Varela Casas resultou o gañador acadando unha puntuación de 506 puntos.

Pedro Varela en Razas Británicas e Manuel Leonardo en Razas Continentais, novos Campións Galegos de Cans de Parada
Competicións
O pasado dia 25 de agosto tiña lugar no Tecor de A Venatoria en O Forgoselo, As Pontes (A Coruña), a décimo oitava edición da Copa Galicia de Cans de Parada, que a FGC organizaba en colaboración coa Sociedade ‘A Venatoria’ de As Pontes.

Eloy Rodríguez en absoluta, Cristina Sanmartín en damas e David Andrew Hawatson en Springers, Campións Galegos de San Huberto
Competicións
O pasado dia 26 de agosto tiña lugar en Sedes, Narón (A Coruña), a vixésima edición do Campionato Galego de Caza San Huberto, que a FGC organizaba en colaboración coa Sociedade de Caza e Pesca de Xubia.

Antonio Vilar Vigo vence en Británicas e Manuel Leonardo Sueiras en Continentais no Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada
Competicións
O pasado dia 19 de agosto disputábase no Monte de San Xurxo, en Ferrol, o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada.

Antonio Dopico Gato, con ‘Sión de Caaveiro’, proclámase Campión Provincial de A Coruña de San Huberto
Competicións
O pasado dia 18 de agosto disputábase en San Félix, no concello de Monfero, una nova edición do Campionato Provincial de A Coruña de San Huberto. Foron 22 os deportistas que participaron nesta edición da proba, repartíndose en tres campos.

René Vale García, con ‘Top’, gaña o VII Trofeo Ciudad de Betanzos de San Huberto
Competicións
O pasado dia 15 de agosto disputábase no Monte do Gato, no concello de Coirós (A Coruña), a séptima edición do Trofeo Ciudad de Betanzos de San Huberto. Entre os tres campos nos que se disputou a proba repartíronse un total de 34 deportistas, entre os cales se contaban varios Campións do Mundo individuais e por equipos, asi como Campións de España e Galegos, entre outros.

Carlos González en Británicas, Manuel Leonardo en Continentais e David Andrew Hawatson en Springer, vencedores do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Parada
Competicións
O pasado 12 de Agosto disputábase no Tecor ‘A Rosaleña’ en O Rosal, a XIX edición do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Parada. Participaban un total de 28 cans nas diversas categorías.

Ricardo Fernández, do País Vasco, vence no IV Memorial Manuel Cea de Percorridos de Caza
Competicións
Os pasados 11 e 12 de Agosto de 2007 tiña lugar no Campo de Tiro ‘Rio Sar’ en Chaián, Trazo (A Coruña) o IV Memorial Manuel Cea de Percorridos de Caza, puntuable para a Copa Federación da modalidade.

Selectiva Galega Pointer Club Español
Competicións
O vindeiro 1 de setembro celebrarase no Tecor Terra Cha de Lugo a Selectiva Galega valedeira para a final do Trofeo Promesas Pointer do Pointer Club Español, organizada pola Delegación Galega.

José Lage Lis e José Sanmartín Pérez, protagonistas no acto celebrado en Arteixo
Eventos
O pasado sábado 4 de agosto dábanse cita máis dun centenar de aficionados ó deporte cinexético no restaurante ‘Casa Lola’ de Arteixo, para entregar sendos recoñecementos ós deportistas de San Huberto José Lage Lis e José Sanmartín Pérez.

Resultados do II Trofeo Internacional de Ferrol
Competicións
Os pasados 28 e 29 de xullo tiña lugar a segunda edición do Trofeo Internacional Cidade de Ferrol, que contaba probas de Cans de Parada, San Huberto e Rastro de Xabaril, sendo estas duas últimas puntuables para a Copa Federación das respectivas modalidades.

José M. Rodríguez Martínez proclámase Campión Provincial de Ourense de San Huberto
Competicións
O pasado 22 de xullo disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de San Huberto. Foron 14 os cazadores que se deron cita en Xinzo de Limia.

Andrés Pena gaña en razas británicas e Antonio Dopico en continentais no Campionato Provincial de Ourense de Cans de Parada
Competicións
O pasado 21 de xullo disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia o campionato Provincial de Ourense de Cans de Parada. Participaron un total de 25 cans na proba, dos cales 5 eran de razas continentais e 20 de británicas

Eduardo Calles Casais proclámase Campión Provincial de Pontevedra de San Huberto
Competicións
O pasado 15 de xullo disputábase no Tecor da Sociedade ‘As Tres BBBs’, en Gondomar a decimo primeira edición do Campionato Provincial de Pontevedra de San Huberto. Foron 15 os cazadores que se deron cita en Gondomar entre os cales Eduardo Calles Casais con ‘Nak’ (E.B.M.) alzouse ca victoria.

José Lage Lis gaña a primeira edición do trofeo ‘Can de Ouro’ de San Huberto
Competicións
O pasado 14 de Xullo de 2007 disputábase en Coristanco (A Coruña) a última proba da primeira edición do trofeo ‘Can de Ouro’ de San Huberto, puntuable para a Copa Federación da modalidade.

Diego Antelo Noya, novo Campión Galego Percorridos de Caza
Competicións
O pasado 8 de Xullo de 2007 tiña lugar no Campo de Tiro ‘Rio Sar’ en Chaián, Trazo (A Coruña) o Campionato Galego de Percorridos de Caza, organizado en colaboración coa Sociedade de Caza ‘Rio Sar’, resultando vencedor da proba e Campión Galego o tirador xuvenil Diego Antelo Noya cun total de 118 pratos escachados.

José Pereira Ramos, Campión Galego de Rastro de Xabaril
Competicións
O pasado 7 de Xullo de 2007 disputábase o Campionato Galego de Cans de Rastro atrelados na modalidade de Xabaril no Tecor da Sociedade de Cazadores ‘A Fornelense’, en Fornelos de Montes (Pontevedra). José Pereira Ramos con ‘Ton’, resultaba vencedor.

Juan Manuel César Paulos gaña a Proba de Xabaril de Cotobade
Competicións
O pasado 30 de xuño disputábase en Cotobade (Pontevedra) a IV edición da roba de Cans de Rastro Atrelados, organizada pola Sociedade de Cazadores de Cotobade, onde resultou vencedor da proba Juan Manuel César Paulos co seu can ‘Blanco’.

Manuel Enríquez Dieguez proclámase Campión Provincial de Ourense de Percorridos de Caza
Competicións
O pasado 24 de Xuño de 2007 tiña lugar no Campo de Tiro de Xares en A Veiga, o Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza, organizado pola Sociedade de Cazadores de Xares. Na proba, disputada a 100 pratos, participaron un total de 41 tiradores, resultando vencedor da proba o pontevedrés Juan Carlos Costas Pereira, que conseguiu escachar 69 pratos.

Juan Carlos Arteche vence na proba de San Huberto ‘As Tres BBBs’
Competicións
O pasado 17 de Xuño de 2007 disputábase en Baiona (Pontevedra), a primera proba de San Huberto da Sociedade de Caza ‘As Tres BBBs’ de Baiona. O gañador da proba foi o lucense Juan Carlos Arteche Castillo, seguido de Eloy Rodriguez e de Pedro Varela Abeledo, que rematou na terceira posición.

Luis Otero Pena con ‘Brus’, vencedor do Campionato de Rastro de Xabaril de A Fonsagrada
Competicións
O pasado 23 de Xuño de 2007 tiña lugar a primeira edición da Proba de Can Atrelado sobre Xabaril da comarca de A Fonsagrada (Lugo), organizada pola Sociedade de Caza de A Fonsagrada. A proba tivo lugar no monte de Liñares de Bidul, onde Luis Otero Pena, co seu can ‘Brus’ resultou vencedor.

Faustino Alonso Pérez proclámase Campión Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza
Competicións
O pasado 17 de Xuño de 2007 tiña lugar no Campo de Tiro ‘A Campuzana’ da Sociedade de Cazadores ‘A Tomiñesa’ o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza. Na proba, disputada a 100 pratos, resultou vencedor o ourensán Jorge Vázquez Iglesias, que escachou un total de 86 pratos. O segundo clasificado e Campión Provincial foi Faustino Alonso Pérez, que escachou 85 pratos.

Manuel Iglesias Cobelo, Campión Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados na modalidade de Xabaril
Competicións
O pasado 16 de Xuño de 2007 tiña lugar nos montes de Narahio e Sta. María de Cabalar-Capela, o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados na modalidade de Xabaril, organizado pola FGC en colaboración coas Sociedades ‘Narahio’ e ‘Sta. María de Cabalar’.

IX DIA GALEGO DA CAZA
Eventos
O pasado fin de semana (sábado 30 de xuño), nun coñecido restaurante compostelán, dábanse cita máis de 300 cazadores para celebra-la súa gala bianual, a novena edición do DÍA GALEGO DA CAZA, acto de irmandade dos cazadores galegos ao longo do cal faise entrega dos PREMIOS GALEGOS DA CAZA aos mellores deportistas, sociedades, organismos públicos, autoridades, medios de comunicación, e a aqueloutros que de xeito individual ou colectivo máis contribuíron a impulsar, promover e difundi-lo deporte cinexético.

IX DÍA GALEGO DA CAZA
Eventos
Máis de 300 cazadores daranse cita este fin de semana na Gala. O vindeiro sábado, 30 de xuño, a Federación Galega de Caza vístese de gala para celebra-la novena edición do Día Galego da Caza, que consiste nun xantar de irmandade entre os cazadores galegos, ao longo do cal faise entrega dos Premios Galegos da Caza aos mellores deportistas, sociedades de caza, organismos públicos, autoridades, medios de comunicación e a aqueloutras persoas que de xeito individual ou colectivo máis contribuíron a impulsar, promover e difundi-lo deporte cinexético durante o derradeiro bienio.

Celébrase a Xunta Xeral de Mutuasport, a Asemblea Xeral e a Gran Gala da Caza da Real Federación Española de Caza, con varios recoñecementos a galegos
Eventos
Os pasados 8 e 9 de xuño, Mutuasport e a Real Federación Española de Caza celebraban en Madrid as suas Xunta Xeral e Asemblea Xeral, na que están representados cazadores e sociedades de caza entre os que estaban os representantes galegos encabezados polo Presidente da Federación Galega de Caza.

XII Campionato Galego de Rastro de Xabaril
Competicións
Terá lugar no Tecor 'A Fornelense', en Fornelos de Montes (Pontevedra) o vindeiro 7 de xullo.

José Manuel Rodríguez vence en San Huberto e Pedro Ramos Casas en Rastro de Xabaril no ‘VI Trofeo Comarca dos Ancares’
Competicións
Os pasados 9 e 10 de xuño tiña lugar a sexta edición da Feira dos Cans de Caza ‘Comarca dos Ancares’, en Becerreá (Lugo), que incluía duas probas puntuables para a Copa Federación: unha de San Huberto e outra de Rastro de Xabaril.

Antonio Iglesias Otero proclámase Campión Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza
Competicións
O pasado 10 de Xuño de 2007 tiña lugar no Campo de Tiro ‘Rio Sar’ en Chaián (Trazo) o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza, organizado pola Sociedade Rio Sar. Resultou Campión Provincial o tirador Antonio Iglesias Otero cun total de 80 pratos escachados

Medio Ambiente publica unha orde que regula o exame do cazador en Galicia
Lexislación
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publica no DOG con data 11 de Xuño unha orde do 1 de Xuño que regula o exame do cazador na comunidade Autónoma de Galicia.

José Lage Lis, con ‘Zum da Seara’, gaña a Proba Social de San Huberto da Sociedade Urogallo
Competicións
O pasado 2 de xuño disputábase nos Montes de Brión, na entrada da Ria de Ferrol (A Coruña), unha nova edición da tradicional proba social de San Huberto organizada pola Sociedade Urogallo. O gañador resultou ser José Lage Lis, co seu S.I.M. ‘Zum da Seara’.

José Manuel Esarte Beltrán, subcampión de España de Silvestrismo na categoría de xílgaros
Competicións
Os dias 2 e 3 de Xuño disputábase en Guadalajara o XIII Campionato de España de Silvestrismo, que contaba con representación galega en tódalas suas categorías. Foi na categoría de xílgaro onde o ferrolán José Manuel Esarte Beltrán quedaba segundo na clasificación, logrando o seu paxaro un total de 54 positivos.

O galego Diego Antelo Noya, terceiro xuvenil no Campionato de España de Compak Sporting
Competicións
Os dias 1, 2 e 3 de Xuño tiña lugar no Campo de Tiro ‘Cortijo Carrero’ de Benamejí (Córdoba) a décima edición do Campionato de España de Compak Sporting. O campion galego da modalidade, Diego Antelo Noya, remataba terceiro na clasificación de xuvenís, escachando un total de 169 pratos.

Éxito da 4ª edición das Xornadas de Xestión Cinexética de Portas
Eventos
O pasado sábado dia 2 tivo lugar no Concello de Portas, Pontevedra, a 4ª edición do, xa a estas alturas asentadísimo, foro de divulgación científica sobre a xestión do coello de monte.

In Memoriam Antonio Conde
Federación
O deporte cinexético galego está de loito pola perda dun dos seus mellores deportistas, o cazador vigués Antonio Conde Dacosta.
Conde Dacosta, ligado principalmente ao deporte de San Huberto, casado coa tamén deportista da modalidade Mari Carmen Iglesias Comesaña, falecía o pasado sábado na súa casa de Vigo.

Campionato Provincial de A Coruña de Rastro de Xabaril
Competicións
Terá lugar o dia 16 de Xuño nos Tecores 'Narahio' no Concello de San Sadurniño e 'Santa María de Cabalar' en Capela.

Resultados das probas disputadas na XI Festa da Caza de Lugo
Competicións
Juan Carlos Arteche en San Huberto e Pedro Ramos en Rastro de Xabaril proclamáronse Campións Provinciais das respectivas modalidades. Pedro Varela e Leonardo Sueiros venceron na proba de Cans de Parada.

Diego Antelo Noya, novo Campión Galego de Compak Sporting
Competicións
Disputábase o pasado 20 de Maio no Campo de Tiro ‘Rio Sar’ en Chaián, Trazo (A Coruña) a oitava edición do Campionato Galego de Compak Sporting. Resultou vencedor absoluto o xuvenil Diego Antelo Noya, que escachou un total de 130 pratos.

René Vale García gaña en San Huberto e José Francisco Rey Urrutia en Rastro de Xabaril, no fin de semana cinexético de Sedes, Narón
Competicións
O pasado 19 de maio de 2007, coincidindo coa Feira do Can de Caza, tiñan lugar nos montes da parroquia de Sedes, Narón (A Coruña) duas probas puntuables para a Copa Federación: unha de San Huberto e outra de Cans de Rastro atrelados sobre Xabaril.

Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza
Competicións
Terá lugar os dias 23 e 24 de xuño en Xares, A Veiga.

XI Festa da Caza de Lugo
Competicións
O dia 26 de Maio Portomarín acollerá a décimo primeira edición da Festa da Caza de Lugo, que incluirá os Campionatos Provinciais de San Huberto, Cans de Parada e Rastro de Xabaril.

Juan José Sierra Pulpeiro proclámase Campión Provincial de Lugo de Percorridos de Caza
Competicións
O pasado 13 de Maio de 2007 tiña lugar en Obe, Ribadeo o Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza, organizado pola FGC de Lugo en colaboración coa Sociedade de Cazadores Xuntoira, resultando gañador na categoría senior e tamén vencedor absoluto o coruñés David Seoane Viaño cun total de 88 pratos escachados.

Mario González Yáñez proclámase Campión Provincial de Lugo de Compak Sporting
Competicións
O pasado 12 de Maio de 2007 tiña lugar en Obe, Ribadeo o Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting, resultando gañador na categoría xuvenil e tamén vencedor absoluto o tirador asturiano Eloy Fernández López

Cándido Picón Domínguez gaña a proba de rastro de xabaril disputada en César
Competicións
O pasado 13 de maio de 2007 tiña lugar a cuarta edición do Campionato de Rastro de Xabaril de César (Santiago de Compostela, A Coruña) organizado polos cazadores de César en colaboración coa Sociedade de Cazadores ‘Riberas del Tambre’.

Resultados do XI Campionato Galego de Silvestrismo
Competicións
Tiña lugar o pasado 13 de maio de 2007, no campo de fútbol municipal ‘Rio Seco’ de Narón (A Coruña), a decimo primeira edición do Campionato Galego de silvestrismo. A pesar do mal tempo, os asistentes poideron disfrutar a intervalos dos exemplares de paxaros participantes no campionato, que sorprenderon aos asistentes desta particular modalidade.

A Consellería de Deporte publica unha orde de axudas para instalacións deportivas
Axudas e Subvencións
Publicada no DOG do 8 de maio, esta orde ten por obxeto a concesión de axudas e subvencións para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións deportivas de titularidade pública ou privada e a adquisición de equipamentos deportivos

Carlos Alberto Arnoso con ‘Tula’ gaña o campionato de xabaril de Abegondo
Competicións
O pasado dia 6 de maio o Tecor de Abegondo acollía o I Campionato de Cans de Rastro Atrelados na modalidade de Xabaril, unha proba puntuable para a Copa Federación. Foi Carlos Alberto Arnoso quen coa sua cadela ‘Tula’ conseguiu 227 puntos e se proclamou vencedor da proba.

O curso para xuíces de San Huberto queda aprazado
Eventos
Por motivos excepcionais queda oficialmente desconvocado o curso de xuíces de caza San Huberto previsto para o vindeiro sábado dia 5 de maio e aprazado para o vindeiro sábado dia 12 de maio ás 16h. Desculpen as molestias.

O galego Pedro Varela, vencedor do I Trofeu Ibérico de San Huberto
Competicións
Os pasados 28 e 29 de abril celebrábase na Zona de Caza da Lombada, entre Bagança e Quintaniha (Portugal), o I Trofeu Ibérico de San Huberto onde Pedro Varela co seu pointer ‘Estón’ alzouse co primeiro posto.

XI Campionato Galego de Silvestrismo
Competicións
Terá lugar o 13 de maio de 2007 no Campo de fútbol municipal 'Rio Seco' de Narón (A Coruña).

Curso de reciclaxe de xuíces de rastro de xabaril
Eventos
A Federación Galega de Caza ven de convocar para o sábado 12 de Maio ás 10h na sede federativa en Santiago de Compostela, a tódolos xuíces da modalidade a un curso de reciclaxe para a posta en común da normativa vixente.

Curso de reciclaxe de xuíces de caza San Huberto
Eventos
A Federación Galega de Caza ven de convocar para o sábado 12 de Maio ás 16h na sede federativa en Santiago de Compostela, a tódolos xuíces da modalidade a un curso de reciclaxe para a posta en común da normativa vixente.

Campionatos Provinciais de Lugo de Compak Sporting e Percorridos de Caza
Competicións
Terán lugar os dias 12 e 13 de Maio respectivamente en Obe, Ribadeo.

Enrique Argibay Abilleira gaña o Campionato de Pontevedra de Cans de Rastro atrelados sobre xabaril
Competicións
O 22 de abril de 2007 tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores ‘Unión Deportiva de Cerdedo’ o V Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro atrelados na modalidade de xabaril, sendo puntuable para a Copa Federación. Na proba, que contou cunha participación de 23 monteiros, resultou gañador o coruñés José Mella Recarei co seu can ‘Lucas’ e un total de 198,5 puntos.

Medio Rural publica unha orde que zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal
Lexislación
A Consellería de Medio Rural publica no DOG do 24 de abril unha orde con data 18 de abril de 2007 que clasifica as zonas do territorio segundo o seu nivel de risco especial de incendio forestal.

A participación desbordou tódalas expectativas na 1ª edición dos 'Encontros pola Caza'
Eventos
Baixo o lema “Bases para unha caza social na Galicia do século XXI”, desenvolvíase o pasado sábado (21 de abril) a primeira edición dos “Encontros pola Caza”, iniciativa promovida pola Federación Galega de Caza que pretende marca-las pautas das futuras actuacións federativas en materia cinexética.
O Salón Rio Sar, do Hotel Congreso, en Santiago de Compostela, quedábase pequeno para acoller aos máis de 400 representantes de sociedades de caza de toda a Comunidade.

Antonio Iglesias Otero proclámase Campión de A Coruña de Compak Sporting
Competicións
O pasado 22 de abril tiña lugar o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting, puntuable para a Copa Federación, no Campo de Tiro ‘Rio Sar’ en Chaián, Trazo. Na proba, disputada a 100 pratos distribuidos en 4 campos de 25 pratos cada un, resultou vencedor na categoría senior Antonio Iglesias Otero, que escachou un total de 89 pratos, proclamándose ademáis gañador absoluto da proba.

José Ramón Zamora Lorenzo, con ‘Back’, gaña a Proba de San Huberto de Cerdedo
Competicións
O domingo 22 de abril disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores de Cerdedo (Pontevedra) unha proba de San Huberto puntuable para a Copa Federación da modalidade. Cunha participación total de 6 cazadores, foi José Ramón Zamora Lorenzo, co seu setter inglés ‘Back’ o que finalizou vencedor da proba, cun total de 46 puntos.

Máis de 400 representantes de sociedades daranse cita na 1ª edición dos 'Encontros pola Caza'
Eventos
Baixo o lema "Bases para unha caza social na Galiza do século XXI", este sábado (21 de abril), a partir das 10 horas, terá lugar en Santiago de Compostela (Hotel Congreso), o primeiro foro-debate co que a Federación Galega de Caza inaugura os ENCONTROS POLA CAZA. O acto inaugural correra a cargo do Presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez, e do Director Xeral de Conservación da Natureza, José Benito Reza.

IV Xornadas sobre Xestión Cinexética e Medio Ambiente
Eventos
Terán lugar o 2 de xuño de 2007 en Portas (Pontevedra) e incluirá a presentación do libro "Claves para o éxito na mellora das poboacións de coello en Galicia".

Establécense as axudas para o 2007 dos danos producidos polo xabaril
Axudas e Subvencións
Medio Ambiente publica no DOG a orde do 9 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril, e se convocan para o ano 2007.

Arrancan os "Encontros pola Caza"
Eventos

A Federación Galega de Caza ven de poñer en marcha unha nova iniciativa denominada “ENCONTROS POLA CAZA”, que pretende ser un foro de debate pero, sobre todo, un lugar de encontro onde se abordarán os temas máis importantes e de maior preocupación para o presente e futuro do deporte cinexético galego.
Prema aqui para inscribirse

Gabino Villamor Vázquez proclámase Campión de Pontevedra de Compak Sporting
Competicións
O pasado 15 de abril tiña lugar o VIII Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting no Campo de Tiro ‘Eido Dalbo’ en Xinzo, Ponteareas.
Na proba, disputada a 100 pratos, resultou vencedor na categoría senior Antonio Iglesias Otero, que escachou un total de 89 pratos, proclamándose ademáis gañador absoluto da proba.

I Troféu Ibérico de San Huberto
Competicións
Terá lugar os dias 28 e 29 de abril na Zona de Caça Nacional da Lombada, en Portugal.

Medio Ambiente establece axudas para a conservación e recuperación do coello
Axudas e Subvencións
A Consellería de Medio Ambiente publica no DOG con data do 12 de abril a orde do 30 de marzo do 2007 pola que se establecen e se regulan axudas para a conservación e recuperación das poboacións de coello de monte autóctono.

Medio Ambiente publica a Orde de Vedas 2007-2008
Lexislación
A Consellería de Medio Ambiente publica hoxe a orde do 29 de marzo de 2007 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2007-2008 en Galicia.

II Festa do Xabarin de Cerdedo
Competicións
O evento incluirá, entre outras probas, o Campionato Provincial de Pontevedra de cans de rastro atrelados na modalidade de xabaril que se celebrará o dia 22 de abril no monte Seixo.

O Parlamento de Galicia publica no seu Boletín Oficial a nova Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais
Lexislación
O Parlamento de Galicia, na sesión do día 27 de marzo de 2007, aprobou a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Esta lei ten por obxecto defender os montes ou terreos forestais fronte aos incendios e protexer as persoas e os bens por eles afectados, promovendo a adopción dunha política activa de prevención coordinada de todas as administracións públicas de acordo coa lexislación galega en materia de emerxencias.

V Campionato Provincial de Pontevedra de Rastro de Xabaril
Competicións
Terá lugar o vindeiro 22 de abril no Tecor da Sociedade de Caza "Unión Deportiva Cerdedo" en Cerdedo.

Medio Ambiente convoca axudas para a prevención de ataques do lobo ao gando
Axudas e Subvencións
Con data 5 de marzo de 2007 a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicou unha orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2007 axudas para a prevención de ataques do lobo ao gando.

Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting
Competicións
Terá lugar o 22 de abril no Campo de Tiro 'Rio Sar', en Chaián (Trazo).

Medio Ambiente publica unha orde de axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia
Axudas e Subvencións
Con data 8 de marzo de 2007, a Consellería de Medio Ambiente publicou unha orde que establece as bases reguladoras e convoca para o ano 2007 axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia, especie tradicional en Galicia.

A Real Federación Española de Caza fai alegacións ó anteproxecto de Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade
Federación
Resumo das alegacións ós diferentes artigos:
1.- O réxime de protección que establece a Lei nos espazos naturais protexidos, nos que se inclúen todos os da Red Natura, poden facer inviable a práctica da caza nos mesmos e, en todo caso, provoca unha situación de inseguridade xurídica. [...segue]

VIII Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting
Competicións
Terá lugar o 15 de abril no Campo de Tiro 'Eido Dalbo' de Xinzo, Ponteareas.

O ferrolán José Sanmartín proclámase campión do III Trofeo Galaico Duriense de San Huberto
Competicións
Os dias 3 e 4 de marzo a Federación de Cazadores Douro e Miño organizou a terceira edición do Trofeo Galaico-Duriense de San Huberto nos terreos da Sociedade de Caza da Bulhosa, onde se xuntaron cazadores de todo o territorio portugués, Galicia e a Comunidade de Madrid que, a pesar das duras condicións climatolóxicas ofreceron un bo espectáculo aos asistentes.

Clasificación final da Copa Federación de raposo
Competicións
A cuadrilla 'Pasarela' de Friol (Lugo) rematou na primeira praza da clasificación, gracias ás suas tres victorias que lle reportaron un total de 60 puntos. Prema para consultar a clasificación completa.

A Consellería de Cultura e Deporte publica a orde que regula as subvencións a entidades deportivas para o ano 2007
Axudas e Subvencións
A orde, do 30 de xaneiro, regula o réxime de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2007, como clubes e entidades deportivas que participen nos campionatos oficiais convocados polas correspondentes federacións deportivas.

III Trofeo Galaico Duriense de San Huberto
Competicións
Terá lugar en Paredes de Coura (Portugal), os dias 3 e 4 de marzo; organizado pola Associaçao de Caçadores da Bulhosa.

A cuadrilla 'Peña A Trapa' de Lugo gaña a IV Copa España de caza de zorro
Competicións
Dezanove concellos do noroeste da provincia de Ourense acollían o pasado domingo 18 de febreiro a cuarta edición da Copa España de Caza de Zorro, na que participaron 105 equipos formados por 945 cazadores, acompañados de 105 xuíces e 105 guías. Proba que despertou unha grande polémica entre os amantes e detractores da caza.

I Curso de monitores de caza con arco ao voo e percorridos de caza con arco
Eventos
Impartirase o dia 24 de febreiro ás 9 horas, na sede da Federación Galega de Caza en Santiago. E requisito ser maior de idade, estar federado e ser deportista ou xuiz de arco. A inscrición é gratuita e poderá realizarse ata as 10 horas do venres 23 de febreiro.

La Copa España de Zorro en cifras
Competicións
Este fin de semana -18 de febrero- varios tecores de la provincia de Ourense acogerán la celebración de la Copa España de Caza de Zorro que por cuarto año consecutivo se celebra en Galicia, y por vez primera en la provincia de Ourense. [sigue...]

‘Coto do Barro’ gaña a VIII Copa Provincial de Portomarín
Competicións
O pasado 10 de febreiro tiña lugar na localidade luguesa de Portomarín a oitava edición da Copa Provincial de caza de raposo, puntuable para a Copa Federación, que congregou este ano a case 1000 cazadores de toda Galicia.

A cuadrilla ‘Gundivós’ gaña o Campionato de raposo de Sober
Competicións
A localidade lucense de Sober celebrou a terceira edición do seu campionato de raposo o pasado 11 de febreiro. A afluencia de participantes estivo dentro do esperado, pois 16 cuadrillas de toda Galicia déronse cita no Tecor de Sober.

Acoso aos cazadores pola caza do raposo
Federación
Nunha sociedade que perdeu o seu vínculo co mundo rural e en gran medida coa natureza, de cando en vez asoman fracturas sociais co colectivo dos cazadores baseadas case sempre en percepcións equivocadas da caza e na crenza errada de que os cazadores non chegamos a modernidade...[segue]

A Sociedade ‘A Faísca’ leva a cabo a sua solta anual
Eventos
Como cada ano, a Sociedade naronesa ‘A Faísca’ levou a cabo esta solta que, segundo o seu presidente, Manuel Chao “é un dos puntos da autorización para as capturas”. Un tanto por cento dos paxaros que se capturan, sóltanse, e son os que non acadan a calidade suficiente para o canto.

A cuadrilla ‘Pena Veitureira’ gaña o V Trofeo Montaña Lucense
Competicións
O pasado 3 de Febreiro disputábase en A Fonsagrada (Lugo), o V Trofeo Montaña Lucense de caza de raposo, puntuable para a Copa Federación. Tres cuadrillas remataron cun total de 3 raposos capturados, polo que foi o sorteo o que decidiu a clasificación, quedando a cuadrilla ‘Pena Veitureira’ de Castro de Rei en primeira posición.

Os cazadores galegos copan o podium de San Huberto en Portugal
Competicións
Podium galego no Campionato Internacional de San Huberto, celebrado o pasado dia 27 de xaneiro en Macedo de Cabaleiros; tamén puntuable para o campionato nacional de Santo Huberto de Portugal.

A cuadrilla pontevedresa ‘Bertaña III’, vencedora do XII Campionato Galego de caza de raposo
Competicións
Este domingo 28 de xaneiro tiña lugar nos Tecores das Sociedades de Cuntis e San Huberto, na provincia de Pontevedra, o XII Campionato Galego de caza de raposo, no que tomaban parte 14 cuadrillas clasificadas nos respectivos campionatos provinciais: 4 por Coruña, 3 por Lugo, 2 por Ourense e 5 por Pontevedra, mais o Campión da edición anterior.

A cuadrilla ‘Pasarela’ gañadora do Campionato do raposo de Friol
Competicións
O dia 27 de xaneiro, en véspera do Campionato Galego da modalidade, tiña lugar en Friol (Lugo) unha nova proba de caza de raposo, puntuable para a Copa Federación. A cuadrilla de ‘Friol’ resultaba vencedora ao capturar 4 raposos.

A cuadrilla ‘Pena do Lagarto’ é a nova Campiona Provincial de Lugo de caza de raposo
Competicións
O dia 20 de xaneiro tiña lugar nos Tecores das Sociedades ‘O Moucho’, ‘Amigos da Natureza’ e ‘Hermunde’, todos eles pertencentes ao Concello de Pol, o Campionato Provincial de Lugo de caza de raposo.

Clasificación provisional da Copa Federación de raposo
Competicións
Prema para consultar a puntuación provisional de todas as cuadrillas participantes na Copa Federación de caza de raposo. Actualizada a 29/1/2007

IV Copa España de caza de raposo
Competicións
O dia 18 de Febreiro Galicia acollerá unha vez máis a Copa España de caza de raposo, que este ano terá lugar no Carballiño, na provincia de Ourense.
Pode realizar a inscrición por Internet, premendo neste enlace.

A cuadrilla ‘Irixoa’ convértese na nova Campiona Provincial de A Coruña de caza de raposo
Competicións
A proba tiña lugar o dia 20 de xaneiro, nos Tecores das Sociedades de Cazadores ‘Virxe da Cela’ de Monfero, ‘Xabarín’ de Pontedeume, Sta. María de Alto Xestoso, Monfero, Val Xestoso, ‘Alecrín’ de Irixoa, ‘A Becacina’ e ‘Asociación Baxoi’.

A Federación comeza o ano con varias reunións dos seus órganos
Federación
O pasado 2 de xaneiro o Presidente da Federación Galega de Caza reuniuse cos Presidentes Provinciais para facer unha primeira avaliación do ano cinexético que termina, así como para diseñar as liñas mestras a desenvolver neste ano 2007 e facer unha primeira lectura das inquedanzas dos cazadores neste momento.

Rodeiro celebra por terceiro ano a sua “Festa da Caza”
Eventos
Os pasados 13 e 14 de xaneiro tivo lugar a III Festa da Caza de Rodeiro, na provincia de Pontevedra, que acolleu unha vez máis unha grande variedade de actividades relacionadas co mundo cinexético.

A cuadrilla ‘Ganados Blanco’ gaña o Campionato de caza do raposo de Navia de Suarna, en Lugo
Competicións
Disputado o pasado 14 de xaneiro no tecor da Sociedade de Cazadores ‘Navia de Suarna’ de Lugo, o II Campionato de caza do raposo de Navia de Suarna, puntuable para a Copa Federación da modalidade, contou cun total de 10 equipos participantes, dos cales 7 conseguiron alo menos algunha captura.

A cuadrilla ‘Rodeiro II’, con tres exemplares capturados, proclamouse Campiona Provincial de Pontevedra de raposo
Competicións
O pasado 13 de xaneiro, dentro do programa de actividades da ‘III Festa da Caza de Rodeiro’, disputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de raposo, que contou cunha participación total de 51 cuadrillas, sumando así 510 participantes entre cazadores e xuíces. A competición levouse a cabo nos tecores das sociedades “RODEIRO”, “FARELO”, “BERTAÑA”, “DOZÓN” e “LALIN”, e contou cunha climatoloxía case primaveral, que favoreceu o bo discurrir da actividade deportiva.

A cuadrilla ‘Peña Pereira’ gaña o Campionato Provincial de Ourense de raposo
Competicións
O pasado 13 de xaneiro disputouse no concello de Petín (Ourense) o Campionato Provincial de Ourense de raposo, dentro dos terreos da Sociedade de Cazadores ‘Perla do Sil’.

I Asemblea do Club do Grifón Vendeano
Eventos
O pasado 9 de decembro tivo lugar na localidade lucens de Sober a primeira asemblea do Club Español del Grifón Vendeano, nacido ca finalidade de promover e asentar este grupo de razas en España.

Campionato Provincial de Lugo de raposo
Competicións
Terá lugar o 20 de xaneiro nos Tecores do Concello de Pol.

XII Campionato Galego de caza de raposo
Competicións
Terá lugar o 28 de xaneiro no Tecor 'Cuntis' en Cuntis (Pontevedra) e disputarano os equipos clasificados nos respectivos campionatos provinciais.

XI Feira da Caça e XIII Festa dos Caçadores do Norte
Eventos
Entre os dias 25 e 28 de xaneiro terá lugar en Macedo de Cavaleiros (Portugal) a XI Feira da Caça e a XIII Festa dos Caçadores do Norte que entre outras moitas actividades inclúe unha proba de San Huberto.

Campionato Provincial de A Coruña de raposo
Competicións
Terá lugar nos tecores dos concellos de Monfero, Pontedeume e Irixoa, o dia 20 de xaneiro. Pode descargar aqui a folla de inscrición.

Calendario de campionatos de raposo no 2007
Competicións
Achegámoslle un listado con data e lugar de tódalas probas de raposo confirmadas para este vindeiro 2007, incluindo campionatos provinciais, autonómico, nacional e probas puntuables para a Copa Federación.

Campionato Provincial de Ourense de raposo
Competicións
Terá lugar o 13 de xaneiro no Tecor Societario 'Perla do Sil', no concello de Petín.

XIV Campionato Provincial de Pontevedra de raposo
Competicións
Terá lugar o 13 de xaneiro nos tecores das sociedades de caza Rodeiro, Dozón, Farelo (Agolada), Bertaña (Agolada) e Lalín, dentro da III Festa da Caza de Rodeiro (Pontevedra). Pode descargar aqui a folla de inscrición.

A FGC ven de presentar alegacións ao borrador da lei de incendios
Federación
A Federación Galega de Caza ven de presentar alegacións aos artigos relacionados coa actividade cinexética do borrador da Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

Resultados do Campionato de España de caza de arceas
Competicións
Os pasados 15 e 16 de Decembro déronse cita os 35 representantes clasificados nas probas das diferentes autonomías. O navarro Juan María Esaín Goñi, con catro arceas, proclamouse campión de España na edición de 2006, sumando con éste o seu quinto título.

O pontevedrés Claudio Abalo Carrera, campión de España de baixo voo
Competicións
Os dias 6, 7, 8 e 9 de decembro celebráronse en Torreico (Toledo) os tres campionatos: XII Campionato de España de Altanería sobre perdiz con falcóns e can de mostra, VII Campionato de España de Baixo Voo sobre liebre salvaxe, XV Campionato de España de Sky Trial ou pomba lanzada. Se de por si organizar un Campionato de España resulta máis que dificil, máis aínda organizar tres a un tempo.

Antonio Vieites novo Campión Galego de caza de arceas
Competicións
O cazador lucense, de Ribadeo, Antonio Vieites Rodríguez (Toto) da Sociedade de Cazadores O Faisán, coa setter inglés Xela, proclamouse Campión Galego do IX Campionato Galego de Caza de Arceas, na competición disputada o sábado día 2 de decembro, no tecor da Sociedade de Cazadores Coristanco (A Coruña).

Xornadas do corzo en Lalín
Eventos
O pasado 2 de decembro, tiñan lugar en Lalín (Pontevedra) unhas interesantes Xornadas sobre Corzo, organizadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, nas que tamén participaban representantes da Federación Galega de Caza.

Xa se coñecen os finalistas que disputarán o XI Campionato Galego de caza de arceas
Competicións
O pasado sábado, cun día desapracible que en nada axudaba ao desenvolvemento da competición, celebrábanse os Campionatos Provinciais de Caza de Arceas, clasificatorios para a formación das seleccións provinciais que disputarán o Campionato Galego da modalidade.

O cazador de Trazo, José Manuel Torres Cebey, novo campión galego de Caza Menor con Can
Competicións
O cazador coruñés, da Sociedade de Cazadores Trazo, José Manuel Torres Cebey coa cadela Perla, de raza setter inglés, proclamouse novo campión galego de Caza Menor con Can, na competición disputada o pasado 18 de novembro, no tecor da Sociedade de Cazadores Negueira de Muñíz, en Lugo.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible acaba de publicar una orde que complementa as axudas para reparar os danos e perdas producidos polos incendios
Lexislación
Esta orde modifica e complementa a de 4 de setembro de 2006 incluíndo a recuperación da perdiz rubia e coello de monte así como a reposición dos sinais deteriorados polos efectos do lume.

XI Campionato Galego de caza de arceas
Competicións
Disputarase o vindeiro 2 de decembro no Tecor da Sociedade de Cazadores de Coristanco (A Coruña).

O Presidente da FGC asiste á reunión do Comité Interautonómico da RFEC
Federación
O pasado 26 de outubro desprazouse a Madrid o Presidente da Federación Galega de Caza para asistir a reunión do Comité Interautonómico da Real Federación Española de Caza. Este comité, que está composto por todos os Presidentes das Federacións Autonómicas, ten como misión principal marcar as pautas e a filosofía a seguir pola RFEC, así como coñecer polo miúdo as súas actuacións.

Campionato Provincial de Lugo de caza de arceas
Competicións
Terá lugar o 25 de novembro no Tecor da Sociedade de Cazadores 'San Fernando' de Trabada.

Campionato Provincial de Pontevedra de caza de arceas
Competicións
Terá lugar o vindeiro dia 25 de novembro no Tecor "Xesta e Seixido" en A Lama.

Campionato Provincial de Ourense de caza de arceas
Competicións
Terá lugar o vindeiro dia 25 de novembro no Tecor Societario de Nogueira de Ramuín, en Luintra.

Campionato Provincial de A Coruña de caza de arceas
Competicións
Terá lugar o dia 25 de novembro no Tecor 'Mañón-Grañas' da Sociedade 'A Venatoria Mañón-Grañas', en Mañón. Pode descargar o modelo de certificado para a inscrición premendo aquí.

Campaña de seguridade na caza "Caza seguro, para cazar ben"
Federación
O Presidente da Federación Galega de Caza xunto co Director Xeral de Conservación da Natureza acaban de presentar a campaña, “Caza seguro, para cazar ben” que vai dirixida a concienciar e sensibilizar a tódolos cazadores da necesidade de extremar as precaucións para facer da caza unha actividade deportiva totalmente segura.

XX Campionato Galego de caza menor con can
Competicións
Disputarase o vindeiro 18 de novembro no Tecor da Sociedade de Caza 'Negueira de Muñiz', en Negueira de Muñiz (Lugo).

Resultados do Campionato Provincial de Ourense de caza menor con can
Competicións
Francisco Vázquez, da Sociedade de Caza Lobios, con 8 pezas e 1400 puntos proclamábase campión provincial de Ourense, na modalidade de Caza Menor con Can, disputado no tecor da sociedade de cazadores Xinzo de Límia o pasado día 4 de novembro, baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense.

Resultados do Campionato Provincial de Pontevedra de caza menor con can
Competicións
Disputado o pasado dia 4 de novembro no Tecor da Sociedade de Cazadores ‘San Martín’ de O Grove, no Campionato participaron un total de 30 cazadores, entre os cales atopábase Felipe Lago Oliveira, que resultou ser o vencedor con 350 puntos.

O DOG publica a Lei de modificación da Lei de Caza de Galicia
Lexislación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe, 6 de novembro, o texto da Lei 6/2006, do 23 de outubro, de modificación da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Couto Vivo da TVG inicia a sua andaina este fin de semana
Eventos
A partir do vindeiro 4 de novembro, tódolos sábados, ás 15,15 horas, os afeccionados ao deporte cinexético teñen unha nova cita informativa na Televisión de Galicia, o programa Couto Vivo, un novo espazo informativo adicado ao deporte cinexético, con reportaxes, información e actualidade, que dirixirá e presentará a xornalista Raquel Gandoy.

Resultados do Campionato Provincial de Lugo de caza menor con can
Competicións
O Campionato disputouse o pasado dia 28 de outubro no Tecor da Sociedade de Cazadores Negueira de Muñiz, na localidade do mesmo nome. A proba tivo unha participación total de 24 cazadores, dos cales Antonio González Álvarez, con 1000 puntos, resultou o vencedor.

Resultados do Campionato Galego de Cetrería
Competicións
O pasado fin de semana (28 e 29 de outubro), disputábase no tecor da Sociedade de Cazadores Xinzo de Límia (Ourense), a quinta edición do Campionato Galego de Cetrería, nas modalidades de Sky Trial e Baixo Voo, dos que resultaron vencendores, respectivamente, o santiagués Óscar López, e o ribeirense Juan Vicente Santiago Santamaría.