Inicio Calendario Buscar Contacto

 
INFORMACIÓN XERAL
Introducción
Estatutos
A nosa afiliación
A caza que defende a FGC
Actividade
Contacto
 
ESTRUCTURA FEDERATIVA
Saúda do Presidente
Organigrama
A FGC en A Coruña
A FGC en Lugo
A FGC en Ourense
A FGC en Pontevedra
 
A Federación
A NOSA AFILIACIÓN NO ANO 2013
  • 20.160 cazadores galegos federados de xeito individual, máis do 43% dos cazadores galegos.
  • 470 sociedades de caza afiliadas (máis do 90% das sociedades de caza existentes en Galicia), número algo superior aos tecores dos que son titulares as sociedades de caza afiliadas, debido a que algúns teñen titularidade compartida por 2 ou 3 sociedades de caza, e unha ducia adícanse exclusivamente á práctica da cetrería, caza con arco ou silvestrismo e non administran ningún tecor.

A interlocución é un dos grandes éxitos da sociedade moderna, e na caza non podía ser menos. O dialogo implica escoitar, suxerir, valorar para intentar conformar a realidade dende a pluralidade mesmo dende a diversidade. Na Federación tentamos exercitar todos eses conceptos para conformar a nosas liñas de actuación e mesmo a nosa opinión como institución. Entendemos e parécenos saudable que nos foros de debate sobre a caza ou calquera outro asunto medioambiental se conte con opinións plurais. Ao concepto de pluralidade é necesario achegar o de representación. Todos debemos contar, pois formamos parte dunha mesma cadea, pero é de xustiza que cadaquén se mostre na proporción do colectivo que representa, por ecuanimidade e por responsabilidade cara aos representados e afiliados. Defendemos unha caza asentada nunha base social forte e sustentable que cada vez se apoie máis nunha correcta xestión, con base en principios técnicos, e a isto as sociedades de caza e os cazadores galegos responden ano tras ano con cotas máis altas de afiliación. A Federación ten unha clara vocación de ser casa común de todos os cazadores, porque sabemos que é moito máis o que nos une que as diferencias, e cada vez é máis necesario o traballo e o esforzo de todos para conseguir algo mellor cada día para eses cazadores e as súas sociedades de caza, nun mundo cada vez menos tolerante coa actividade cinexética.


Descargar esta imaxe en alta resolución



Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza