Dende a Federación Galega de Caza en Lugo quero dirixirme a tódolos cazadores en xeral, pero sobre todo ós desta provincia, para decirvos que nesta Federación sempre tedes un espacio para plantexar suxerencias, consultas ou dúbidas sobre a caza e as competicións relacionadas con ela, dende este novo medio ou persoalmente.
Estamos para defendelos vosos intereses e tamén, por suposto, os das sociedades de caza as que pertencedes, xa que éstas coa súa xestión, son as que de xeito encomiable están logrando que a actividade da caza nesta provincia cobre cada vez máis relevancia.
Loitaremos sempre por un tipo de caza social sin grandes alardes, onde teñan cabida todos, seria e respetuosa co medio, con respeto para os demais pero temén facendo que nos respeten. Ser cazador é un orgullo e así o debemos sentir e defender todos en todo momento.
Espero e desexo que os novos sistemas de comunicación sirvan para mellorar os nosos servicios e axilicen a información entre todos.
Esperámosvos na rúa San Roque 55 entresuelo. Cantos máis sexamos máis forza teremos. Contamos co voso apoio.