Inicio Calendario Buscar Contacto

 
INFORMACIÓN XERAL
Introducción
Estatutos
A nosa afiliación
A caza que defende a FGC
Actividade
Contacto
 
ESTRUCTURA FEDERATIVA
Saúda do Presidente
Organigrama
A FGC en A Coruña
A FGC en Lugo
A FGC en Ourense
A FGC en Pontevedra
 
A Federación
SA┌DA DO PRESIDENTE

            A nosa é unha das actividades máis antigas que se coñecen, mais iso non implica que esté anticuada. Ao longo do tempo os cazadores fomos sempre quen de adaptarnos ao entorno, tanto ao natural como ao social e mesmo ao tecnolóxico, aproveitando aquelas innovacións técnicas que nos semellaron de utilidade, máis sen perder en ningún intre a esencia tan humana e ligada á natureza que ten a caza.

            Se soupemos cambiar o fio pola pólvora, as peles das nosas capturas por materiais sintéticos, os pulmóns dos cabalos polos motores de inxección, os asubíos por emisoras de radiofrecuencia ou as sinais de madeira por localizadores GPS, cómo non imos saber trocar o papel pola tinta dixital.

            É por iso que a Federación Galega de Caza, como institución que representa aos cazadores en Galicia, ten a responsabilidade de mudarse cos tempos e, ao igual que o fai cadaún dos seus federados no seu dia a dia, sacar proveito de canta facilidade e mellora nos propoñan as novas tecnoloxías.

            Entre todas eles, ben sabemos que a máis poderosa é a rede de redes, a Internet, e polo tanto o noso nexo de unión dixital con todos vos, esta páxina web, debe ser o lugar máis acolledor posible, onde atoparnos con vos para facilitarvos todas as funcións que a canle dixital permita e, ao tempo, que vos poidades interactuar coa Federación como se estivese no voso fogar, como un compañeiro máis da afección co que intercambiar opinións, queixas e todo tipo de cuestións.

            Sede benvidos ao voso refuxio de caza dixital.

Javier Nogueira Diz
PRESIDENTE



Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza