Federación Galega de Caza Enviar correo electrónico
· < Inicio >
 
A Federación
· Introducción
· A nosa afiliación
· A caza que defende a FGC
· A FGC opina
· Organigrama FGC
· FGC en A Coruña
· FGC en Lugo
· FGC en Ourense
· FGC en Pontevedra
 
Competicións
· Modalidades
· Regulamento
· Normativa
· Calendario
· Resultados
 
Lexislación
· Estatutos FGC
· Exame do cazador
· Lei Xeral do Deporte
· Lei de Caza de Galicia
· Regulamento de Caza
· Orde de Vedas
· Lei de Seguridade Vial
· Lei Conservación da Natureza
· Regulamento de armas
· Lexislación noutras comunidades autónomas
· Decreto prevención de incendios
· Modificación Lei de Caza
· Lei de Incendios
· Pasaporte e Cartilla sanitaria cans
 
Federarse
· Vantaxes dos federados
· Tipos de licencias federativas
· Federarse por Internet
· Licencias de caza
· Emisoras
 
Sociedades
· Novas
· Axudas
· Información
· Impresos
 
Seccións
· Fotos
· Ligazóns
· Contacto
· Taboleiro de anuncios
· A tua opinión conta
· A FGC responde
· Publicacións
 

Destacados


A nosa afiliación
  • 21.173 cazadores galegos federados de xeito individual.
  • 458 sociedades de caza afiliadas, número algo superior aos tecores existentes na actualidade, debido a que algúns teñen titularidade compartida por 2 ou 3 sociedades de caza, e unha ducia adícanse exclusivamente á práctica da cetrería, caza con arco ou silvestrismo e non administran ningún tecor.

Así de cada 3 cazadores 1 está federado de xeito individual, persoal e directo. Preto do 100% están representados na Federación a través das sociedades ás que pertencen, pois arredor de 9 de cada 10 sociedades existentes en Galicia que administran un tecor están federadas.

A interlocución e un dos grandes éxitos da sociedade moderna, e na caza non podía ser menos. O dialogo implica escoitar, suxerir, valorar para intentar conformar a realidade dende a pluralidade incluso dende a diversidade. Na Federación tentamos exercitar todos eses conceptos para conformar a nosas liñas de actuación e incluso a nosa opinión como institución. Entendemos e parécenos saudable que nos foros de debate sobre a caza ou calquera outro asunto medioambiental se conte con opinións plurais. Ó concepto de pluralidade é necesario achegar o de representación. Todos debemos contar pois formamos parte dunha mesma cadea, pero é de xustiza que cadaquén se mostre na proporción do colectivo que representa, por ecuanimidade e por responsabilidade hacia ós representados e afiliados. Defendemos unha caza asentada nunha base social forte e sustentable que cada vez se apoie mais nunha correcta xestión, con base en principios técnicos, e a esto as sociedades de caza e os cazadores galegos responden ano tras ano con cotas máis altas de afiliación. A Federación ten unha clara vocación de ser casa común de todos os cazadores, porque sabemos que é moito máis o que nos une que as diferencias, e cada vez máis necesario o traballo e o esforzo de todos para conseguir algo mellor cada día para eses cazadores e as súas sociedades de caza, nun mundo cada vez menos tolerante coa actividade cinexética

 

logotipos Precisará do programa Adobe Reader para visualizar moitos documentos desta web. Se non o ten, prema na imaxe da dereita para descargarlo gratuitamente Descargue Acrobat Reader
     
Federación Galega de Caza · Política de privacidade