Federación Galega de Caza Enviar correo electrónico
· < Inicio >
 
A Federación
· Introducción
· A nosa afiliación
· A caza que defende a FGC
· A FGC opina
· Organigrama FGC
· FGC en A Coruña
· FGC en Lugo
· FGC en Ourense
· FGC en Pontevedra
 
Competicións
· Modalidades
· Regulamento
· Normativa
· Calendario
· Resultados
 
(pasar cursor para desplegar o menú)
 
Federarse
· Vantaxes dos federados
· Tipos de licencias federativas
· Federarse por Internet
· Licencias de caza
· Emisoras
 
Sociedades
· Información
· Axudas
· Impresos
· Novas
· Plan Aproveitamento 2009/10
 
Seccións
· Fotos
· Ligazóns
· Taboleiro de anuncios
· Oferta cinexética
· Recetas de caza
· A tua opinión conta
· A FGC responde
· Publicacións
· Contacto
 
Prensa
· Notas de prensa
· A FGC opina
· Revista de prensa
· Descarga de imaxes
 

Destacados


FGC na Coruña
Federación Provincial da Coruña
 
Rúa Vila de Caión, 27 Baixo 2A
15100 Carballo (A Coruña)
Tlf: 981 70 29 57 / Fax: 981 75 50 74
 
Saúda do Presidente

            As novas tecnoloxías da información deron un salto ás nosas vidas, aos nosos traballos, e dende agora tamén ao noso deporte, e estanse a facer imprescindibles para alcanzar os grados de benestar que todos desexamos, polo que agardo e desexo que esta páxina web da Federación Galega de Caza vos sirva como ferramenta de información e divulgación, xa que a rapidez que proporciona a comunicación a través de internet, instantánea desde calquera lugar do mundo, é só comparable ao descubrimento do teléfono para conversar a distancia.. O acceso a informacións e servicios que nos proporciona o contido das páxinas web non se coñecía ata fai poucos anos. Dende un ordenador conectado a unha liña telefónica, dende a nosa casa, o noso posto de traballo, e incluso dende o móbil, podemos acceder a información que antes só estaba ao alcance duns poucos.
            Baixo esta filosofía, dende a Federación queremos sumarnos a esta auténtica revolución social, co fin de manter debidamente informados a tódolos usuarios, tanto do noso colectivo como visitantes en xeral que queiran coñecer de preto as nosas actividades, as nosas inquedanzas e, como non, as nosas historias.
            Dende esta Delegación Provincial da Coruña, situada no concello de Carballo, animámolos a que se conecten connosco, que nos transmitan as súas queixas, as súas ideas, os seus proxectos, porque o noso principal obxectivo non é outro que a defensa e promoción da caza,  o apoio en tódalas iniciativas de defensa da natureza e das especies en xeral, impulsando a organización de distintos eventos deportivos, cun apoio especial a tódolos deportistas, e, como non, poder atendelos e prestarlles os mellores servicios tanto ás Sociedades de Caza como a todo o colectivo en xeral.
            A todos a miña mais sincera benvida, emprázolles unha vez mais a que nos visiten tanto a través destas páxinas como persoalmente nas nosas oficinas, onde estaremos gustosos de poder atendelos.

Manuel Saa Casariego
PRESIDENTE

 
Organigrama FGC Coruña
Organigrama da FGC
logotipos Precisará do programa Adobe Reader para visualizar moitos documentos desta web. Se non o ten, prema na imaxe da dereita para descargarlo gratuitamente Descargue Acrobat Reader
     
Federación Galega de Caza · Política de privacidade