Federación Galega de Caza Enviar correo electrónico
· < Inicio >
 
A Federación
· Introducción
· A nosa afiliación
· A caza que defende a FGC
· A FGC opina
· Organigrama FGC
· FGC en A Coruña
· FGC en Lugo
· FGC en Ourense
· FGC en Pontevedra
 
Competicións
· Modalidades
· Regulamento
· Normativa
· Calendario
· Resultados
 
(pasar cursor para desplegar o menú)
 
Federarse
· Vantaxes dos federados
· Tipos de licencias federativas
· Federarse por Internet
· Licencias de caza
· Emisoras
 
Sociedades
· Información
· Axudas
· Impresos
· Novas
· Plan Aproveitamento 2009/10
 
Seccións
· Fotos
· Ligazóns
· Taboleiro de anuncios
· Oferta cinexética
· Recetas de caza
· A tua opinión conta
· A FGC responde
· Publicacións
· Contacto
 
Prensa
· Notas de prensa
· A FGC opina
· Revista de prensa
· Descarga de imaxes
 

Destacados


A caza que defende a FGC

A caza en Galicia ten un compoñente social evidente. A case totalidade dos terreos cinexéticos de réxime especial teñen como titulares ás sociedades de caza. Estas deben seguir sendo clave no noso desenvolvemento venatorio. O seu fortalecemento e a súa adaptación aos novos tempos farán que sigan sendo unha base sólida do futuro da caza social na nosa terra.

A concepción actual da caza ten pouco que ver cunha actividade meramente extractiva, senón mais ben cun conxunto de actividades que promoven a conservación e a mellora do medio, para recoller del o excedente que unha natureza coidada pode ofrecer de xeito sostible. Todo isto que se pode chamar xestión cinexética é motivo de análise, estudo, observación e suxerencias por parte da Federación para que esa xestión estea ao servicio da natureza e por tanto dos cazadores e da caza.

Nesta área cinexética, a Federación nos últimos anos dedicou esforzos importantes, sobre todo humanos, para participar e facer achegas que puidesen mellorar a caza ou aspectos relacionados con ela. É mester seguir traballando arreo nestes asuntos, porque como tódalas cousas relacionadas coa natureza son vivas, e cada tempo trae novos problemas aos que hai que buscar solucións válidas; aceptables para os cazadores e dentro do interese xeral.

Os cazadores somos os primeiros interesados na protección, conservación e recuperación do medio natural, porque a vinculación da actividade venatoria co mundo rural é evidente, desenvólvese no campo. Agora máis que antes a caza estase convertendo nun indicador da saúde medioambiental, en función da abundancia das especies. Estas especies e os seus hábitats dependen en gran medida dos impactos que a natureza recibiu, sobre todo polas grandes transformacións producidas na poboación, co abandono do campo e a marcha ás cidades. Esta fuxida levou aparellados profundos cambios nos ecosistemas, polos sistemas de producción, polos cambios de cultivos, pola aparición de grandes zonas de matogueira e bosque,etc. Este éxodo do campo á cidade, non é inocuo dende o punto de vista medioambiental.

Ante isto, os cazadores e outros colectivos vencellados coa natureza deberemos facer unha profunda reflexión.  É posible que a reflexión deba ser da sociedade en xeral, para buscar un novo equilibrio entre desenvolvemento e conservación.

 

logotipos Precisará do programa Adobe Reader para visualizar moitos documentos desta web. Se non o ten, prema na imaxe da dereita para descargarlo gratuitamente Descargue Acrobat Reader
     
Federación Galega de Caza · Política de privacidade