Diríxome ós cazadores da provincia de Pontevedra para dicirlles que na rúa Lepanto, nº1 – 1º J da vila de Pontevedra, está a sede da Federación Galega de Caza na nosa provincia. Aquí tódolos cazadores pontevedreses temos a nosa casa para calquera consulta, inquietude ou demanda que se nos plantexe nun momento dado.
A filosofía desta Federación é defender e representa-los intereses de tódolos amantes e practicantes deste deporte en todos e cantos foros fosen necesarios, onde, como e cando sexa menester.
A F.G.C. de Pontevedra conta coa afiliación directa de 8.000 cazadores e co 100% das Sociedades de Caza da provincia, o que significa ser unha das Federacións deportivas máis numerosas da nosa Comunidade Autónoma.
A xunta directiva, que teño a honra de presidir, e as dúas administrativas que forman o equipo rector desta Federación traballan día a día para conseguir obxectivos, difíciles e complicados en ocasións, pero non por iso deixaremos de pelexarnos co máximo ardor e ilusión.
Esperámoste na F.G.C. de Pontevedra.
¡ Hoxe tócanos a nós, mañá tócache a tí !
Unha aperta.
Javier Nogueira Diz
PRESIDENTE
|