CINE E CAZA
A FGC colaborará na película "El oro del tiempo"
11/6/2012

Encontro entre Adrián Reza, Xefe de Producción da película e Javier Nogueira, Presidente da FGC

El oro del tiempo, unha longametraxe de Xamalú Films, que se rodará este verán no concello coruñés de Vedra, contará co asesoramento técnico da Federación Galega de Caza.

A película escrita e dirixida por Xavier Bermúdez, único galego e un dos poucos directores españois gañador do premio ao Mellor Director nun festival da categoría “A”, e protagonizada polo coñecido actor galego Ernesto Chao, da serie “Pratos combinados”, relata a vida dun médico e investigador que trala morte da súa muller decide crioxenizala clandestinamente, e corenta e dous anos despois este cazador e médico segue custodiándoa na súa casa á espera de que a ciencia poida curarlle a enfermidade e devolverlle a vida.

A Federación Galega de Caza formará parte do equipo do filme colaborando na localización da arma así como prestando o asesoramento técnico necesario ao seu protagonista.