CAZADORAS
Organízase a segunda edición da Montería Feminina de Galicia
4/9/2012

O vindeiro 20 de outubro, terá lugar en Faramontaos de Viña, en Cea (Ourense), por segundo ano consecutivo a 2ª MONTERÍA FEMININA DE GALICIA promovida pola Asociación de Clubes e Cazadores de Caza Maior, na que colabora esta Federación Galega de Caza.

Existen 20 prazas disponibles para federadas. A inscripción para as participantes é gratuíta únicamente terán que abona-lo xantar (entre 15-20 €)

As inscricións realizaranse na Federación Galega de Caza, ata o día 5 de outubro, nembargantes a inscrición pecharase no momento de completa-lo cupo de prazas.

Descargar Cartel