ACCIDENTES TRÁFICO
A nova normativa sobre accidentes de tráfico con especies cinexéticas incorporarase á lei de tráfico
3/10/2013

Esta normativa, que ia ser incorporada na futura Lei de Montes estatal, será finalmente incorporada á Lei de Seguridade Vial, que mañá debaterá o Consello de Ministros

A ONC (Oficina Nacional de la Caza) ven de realizar nos últimos meses un importante esforzo, en colaboración con varias Federacións Autonóicas de Caza, entre elas a Federación Galega de Caza, para incorporar á Lei de Montes unha serie de matizacións ao respecto dos accidentes de tráfico con especies cinexéticas que favoreza aos cazadores e ás sociedades de caza.

Con este novo texto, os cazadores deberán facerse cargo dos danos causados nos accidentes de tráfico soamente cando sexan consecuencia directa dunha acción colectiva de caza.

Sen embargo, Goberno e ONC decidiron finalmente trasladar ao novo proxecto de Lei de Seguridade Vial as melloras previstas na normativa sobre accidentes de tráfico con especies cinexéticas, asegurándose así a mellor situación xurídica posible. Aínda máis, a nova lei de tráfico ten previsto aprobarse moito antes que a lei de montes, polo que os cazadores e sociedades de caza poderán acollerse moito antes aos beneficios da nova normativa moito antes.

Este novo texto será levado mañá, catro de outubro, ao Consello de Ministros que se celebrará en Madrid, un dos últimos trámites antes da súa aprobación, sempre supeditado ao debate no Parlamento.