LEI DE CAZA
O Parlamento aproba a nova Lei de Caza de Galicia
18/12/2013

O pleno do Parlamento de Galicia celebrado onte deu luz verde ao novo texto

Finalmente a nova normativa cinexética superou o seu último trámite, tal e como fora publicado o informe da ponencia no boletín do Parlamento do pasado día 2 de decembro.

A meirande parte das emendas solicitadas pola Federación Galega de Caza foron aceptadas e incluídas neste texto final.

O texto, que será publicado no boletín do Parlamento de Galicia nos próximos días, tardará arredor dun mes en ser publicado no Diario Oficial de Galicia, non sendo efectiva na presente campaña cinexética.

Descargar Informe Parlamento Lei de Caza