TEMPADA 2015/2016
Da comezo o Comité Galego de Caza 2015
18/3/2015

Nestes intres estase a desenvolver, en Santiago de Compostela, o Comité Galego de Caza 2015, órgano responsable de decidir as datas hábiles de caza en Galicia para cada tempada.

Unha ampla representación da Federación Galega de Caza atópase presente nesta xuntanza, encabezada polo Presidente da FGC, Javier Nogueira, que leva baixo o brazo as múltiples suxestións recibidas estos días dos federados a través desta mesma páxina web.

Finalizada a xornada, poderá consultar aquí, como cada ano, as decisións máis importantes tomadas por este Comité con respecto á vindeira tempada cinexética 2015/2016.