COELLO, XABARIL E SAN HUBERTO
CampiĆ³ns en Terras de Melide
11/5/2015

Probas Puntuables para a Copa Galicia das especialidades de Rastro de Xabaril, Coello e Caza San Huberto

A fin de semana do 2 e 3 de maio Melide foi todo un referente cinexético no que se celebraba a primeira Feira de Cans de Caza así como a disputa de probas de Rastro de Coello, Rastro de Xabaril e Caza San Huberto.

Máis de 100 participantes nas diferentes disciplinas desfrutaron dun intenso fin de semana competitivo, todo elo baixo a organización e colaboración do concello de Melide co intenso traballo de Antonio Méndez Romero a cabeza e a colaboración da Federación Galega de Caza de A Coruña.

Rastro de Coello

Na modalidade de rastro de coello, os 16 lotes participantes comezaban as súas presentacións na xornada do sábado para rematar na maña do domingo. Foi o propietario e condutor Juan Formoso Raposo o máis destacado xa que con dous dos seus lotes acadou o primeiro e segundo posto. Juan Abellón fíxose co terceiro posto da clasificación final.

Rastro de Xabaril

Medio cento de monteiros cos seus respectivos cans competiron para acadar o primeiro posto no rastrexo do xabaril con cans atrelados. O monteiro José Manuel Barreiro Rivadas facíase co primeiro posto acadado coa súa cadela de nome “Brisa”. O can “Vikingo” conducido por Salvador Sestelo Núñez era o segundo clasificado e, novamente, Barreiro Rivadas repetía en terceira posición con “Ludo”.

San Huberto

Nun fermoso esceario disputábase a competición de San Huberto que ao igual que en rastro de coello, tamén daba comezo na xornada do sábado para rematar na maña do domingo co barrage final. Unha final que foi gañada polo cazador Rene Vale, seguido de Roberto Dopico e Serafín Corral en segunda e terceira posición respectivamente.