ARCEAS CORUÑA
A sorte deu como gañador a Francisco Vidal
18/1/2016

Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas

O pasado sábado 16 de xaneiro disputábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas 2016 que era acollido polos terreos do Tecor da Sociedade de Cazadores de Lousame-Noia e organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita sociedade de cazadores.

Ata un total de 27 becadeiros tomaron saída nesta fase provincial na que o tempo acompañou á boa práctica cinexética pero na que faltaron as arceas. Non foi esta unha tempada de altas densidades de arceas e isto fixo que neste campionato houbese 16 avistamentos e ningunha captura.

Rematada a proba tivo lugar o sorteo para discernir a clasificación final. A sorte estivo a carón do cazador Francisco Vidal Añón que se fixo co título provincial. Francisco Javier Alonso Fiaño e Javier López Cendán remataban en segunda e terceira posición respectivamente.

Xunto con estes tres primeiros clasificados, os cazadores Matías Lorenzo Barreiro, Oscar Suárez Ventoso e Víctor Moreira Graíño conforman a selección provincial de A Coruña que representará a dita provincia no Autonómico de Arceas 2016.

Na entrega de premios estiveron presentes a alcaldesa de Lousame, María Teresa Villaverde Pais, o vicepresidente da Sociedade de Caza, José Somoza Martínez e o secretario Ramón Abeijón Villaverde. O ente federativo provincial estivo representado polo vicepresidente Pedro Nieto González e polo responsable de competicións Marcial Ramil Hermida. Un xantar de irmandade puxo o colofón a este campionato provincial.