COPA GALICIA RASTRO COELLO |
López Castro gaña o Campionato Amigos dos Cans de Caza" Costa da Morte |
29/8/2016 |
O pasado sábado 27 de agosto o Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, celebrou no Tecor “O Hórreo” do concello de Carnota, o XXVIII Campionato “Clube Amigos dos Cans de Caza”, na modalidade de Cans de Rastro sobre coello. A competición iniciouse ás 7 da maña do día 27 coa concentración dos participantes na modalidade de rastro sobre coello. Competiron máis de unha decena de lotes e as condicións climatolóxicas foron ideais para a desputa desta disciplina deportiva. O primeiro posto foi para Jaime López Castro, co seu lote composto por: “Pistón, Jara, Solo e Zar” con 576 puntos. O segundo clasificado, foi o concursante Alfonso Rey Baulde con “Xouba, Trasno, Clay e Trus” e 548 puntos. O cazador Joja Suárez Rama, cos beagles “Cori, Lord, Baldoria e Sarela”, acadaba o terceiro posto cun total de 535 puntos. O galardón, para o mellor can de rastro sobre coello do campionato foi para “Pistón” propiedade de Jaime López Castro con 151 puntos. |