CURSOS ONLINE 2021
Unha aposta firme da Federación Galega de Caza pola formación e a seguridade do cazador
17/09/2021

Os/as alumnos/as recibirán diverso material de seguridade na caza e aqueles /as que superen a avaliación recibirán DIPLOMA acreditativo do curso. 

Novamente a Federación Galega de Caza comeza o seu particular curso escolar cinexético coa apertura dos Cursos Online sobre a Prevención, Seguridade e Formación no eido da caza. 

Ao igual que na pasada edición, dada a actual situación sanitaria e co obxecto de favorecer o acceso a todos os cazadores desde calquera recuncho de Galicia a formación será impartida de xeito telemático e totalmente gratuíto,  a través do campus virtual da Escola de Caza da FGC.

A  Formación de Responsables de Sociedades de Caza, que vai pola súa cuarta edición online, aborda a xestión interna e administrativa á que teñen que facer fronte no seu día a día os directivos destas asociacións, mentres que Curso de Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios (2ª convocatoria online) pretende aproximar aos cazadores á prevención da sinistralidade e á practica da caza como unha actividade segura.

Ámbolos dous cursos están dirixidos a directivos e responsables de cazaría das sociedades de caza, pero tamén a técnicos cinexéticos, gardería, administrativos e cazadores en xeral.

Os cursos iniciaranse o día 4 de outubro e rematarán o día 29 do mesmo mes, podendo os alumnos adaptar os horarios da formación ás súas necesidades particulares. 

A inscrición poderá realizarse ata o 27 de setembro enviando o boletín de  matrícula debidamente cumprimentado a escola@federaciongalegadecaza.com. O boletín pode descargarse dende aquí.

A formación e información do cazador galego é cada día maior, pero cando se trata de seguridade cinexética é fundamental a prudencia pero tamén a formación, polo que desde a FGC animan a participar nesta nova edición dos cursos online para que ningún cazador se quede atrás.

Descargar programa dos cursos

Descargar boletín de inscrición