PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
Ero Martínez gañador do provincial
25/10/2021

XXXIV Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can

O pasado sábado 23 de outubro desputouse nos terreos do Tecor da Sociedade de Caza Rías Baixas, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

O campionato trascorreu sen imprevistos e baixo unhas condicións climáticas moi favorables que, xunto coa boa organización e calidade dos terreos, propiciou un exercicio cinexético moi satisfactorio para os cazadores participantes.

Foi o cazador Ero Martínez Villasenin o que obtivo o primeiro posto e o título de campión provincial ao chegar ao control con 1.050 puntos. En segunda posición remataba o cazador Carlos Sartal Mallo con 375 puntos. O bronce era para Julio González Souto con tamén 175 puntos.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Solognac.