PROVINCIAL CORUÑA RAPOSO
O equipo “Fradiz” foi o mellor clasificado en Boiro
23/01/2023

Campionato Provincial da Coruña de Caza de Raposo

O pasado sábado, 21 de xaneiro, en Boiro desputouse a fase provincial da Coruña de caza de raposo. Unha proba celebrada baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña.

Ata preto de 30 equipos tomaron saída na proba número XXVI de caza de raposo que destacou pola deportividade e polos numerosos lances vividos polos participantes. Manuel Penabad, Xulián Gandarela e Secundino José Carballo foron os Directores da Proba que fixeron mención do bo facer dos cans e cazadores así como da boa densidade de raposos avistados.

Foi o equipo “Fradiz“” o que obtivo o título de campión provincial ao obter un total de 2.500 puntos. A prata era para a cuadrilla de “O Castro de Cabañas” con 1500 puntos. Coa mesma puntuación pero xa en terceira posición remataba o equipo “A Ponte”.

Un xantar de irmandade e a entrega de trofeos puxo o punto e final a este campionato, non sen antes ser clausurado polas autoridades alí presentes. 

Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.