XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
Martínez Castrillón con “Saky” resultou campión da proba sobre xabaril salvaxe a traela en Rianxo
17/04/2023

IV Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe

Na xornada do pasado 15 de abril tiña lugar a cuarta edición do Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe na localidade coruñesa de Rianxo. A diferenza de outras edicións, nesta ocasión os 24 monteiros e cans participantes competiron tamén para sumar puntos na Copa Galicia da especialidade que permitirá coñecer os clasificados para o I Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe que se desputará en Galicia no vindeiro mes de xuño. 

Baixo a organización do Clube Amigos dos Cans de Caza, contando coa colaboración da Federación Galega de Caza na Coruña e a Sociedade de Pesca de Rianxo comenzaba esta destacada cita na que o asturiano Pablo Martínez Castrillón coa cadela “Saky” resultaban campións.

Unha vez cortados os rastros por parte dos monteiros elexidos pola organización e postos a disposición de xuíces e participantes comenzou a proba. Unha proba que contou cunha fase clasificatoria, en 3 campos, na que se clasificaban os dous cans de maior puntuación e pasaban a fase final. No campo A os clasificados eran Samuel Toledo con “Fino” e José Couto con “Pirlo”. No B os mellores eran Andrés Dieste con “Xina” e Pablo Martínez con “Saky” e xa no campo C as mellores puntuacións eran para Santiago Varela con “Narco” e Andrés Paz con “Dama”.

Rematada a prestación dos finalistas foi o monteiro Pablo Martínez Castrillón o que coa cadela “Saky” obtivo a mellor calificación cun total de 243 puntos. Con 240,5 puntos remataba, en segunda posición, Andrés Paz  con “Dama”. O can de nome “Pirlo” conducido por José Couto acaba o bronce con 206,5 puntos.

A entrega de premios e o xantar de irmandade puxo o punto e final a este campionato, quedando monteiros e cans emprazados para a vindeira edición.