MUTUASPORT - ARTEMISAN - FGC
Artemisan e a FGC analizaron a situación do paspallás na Limia
07/08/2023

O pasado sábado 5 de agosto, tivo lugar no Salón de Actos do Centro Cultural de Xinzo de Limia unha análise sobre a situación do pasado, presente e futuro do paspallás en España en xeral e particularmente na comarca da Limia.

Un encontro impulsado por Mutuasport, a Fundación Artemisan e a Federación Galega de Caza a cal asistiron medio cento de cazadores e directivos das sociedades de caza da comarca. Destacamos tamén a presenza do Vicepresidente da FGC, Ramón Rodríguez; o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo; así como a directiva, ao completo, da FGC de Ourense co seu presidente, Antonio Reinoso ao fronte e contando coa asistencia do Secretario Xeral, Manolo Feijoo, persoa moi coñecedora e clave na caza do paspallás na Limia.

Luis Fernando Villanueva, Director da Fundación Artemisan, comenzaba a súa ponencia analizando os obxetivos da Fundación así como os proxectos nos que se encontran inmersos, tales como o Proxecto “Zorzales” ou “Coturnix”, entreoutros. Proxectos vitais para o aproveitamente futuro de diferentes especies cinexéticas e os cales se poden levar a cabo gracias á colaboración de Mutuasport, a RFEC, Federación Autonómicas e o traballo de Artemisan.

O Responsable de Investigación de Artemisan, Carlos Sánchez, abordou e analizou os resultados do “Proyecto Coturnix 2022” así como os diferentes aspectos da caza do paspallás. Uns resultados que deron luz e coñecemento científico da especie, todo elo grazas a colaboración de máis de 5.000 cazadores a nivel nacional. Destacamos as preto de 500 mostras aportadas polos cazadores galegos no pasado ano 2022. 

Remataba a xornada coa intervención do presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo, analizando os comenzos da caza do paspallás na Comarca da Limia alo polos anos 1999/2000. Fidalgo agradeceu a numerosa presenza de cazadores e animounos a unir forzas e seguir sendo participes de proxectos como o “Proxecto Coturnix” xa que a unión e a ciencia son as ferramentas máis poderosas para a defensa da actividade cinexética.