SAN HUBERTO MAÑÓN
Roberto Dopico con “Bruxo” adxudícase o primeiro posto en Mañón
28/08/2023

Campionato de Caza San Huberto en Mañón

Puntuable para a Copa Galicia da especialidade, o pasado 15 de agosto desputábase unha edición do Campionato de Caza San Huberto de Grañas - Mañón na Coruña.

Grañas de Sor acollía esta proba na que participaron un total de 20 cans e estivo organizada pola Sociedade de Caza Grañas do Sor - Mañón e a colaboración da Federación Galega de Caza na Coruña.

Rematada a proba a clasificación foi a seguinte: 

1º Roberto Dopico co setter “Bruxo” e 65 ptos

2º Eliseo Faraldo co pointer “Cume da Brisa” e 48 ptos

3º Guillermo Barreira co setter “Lingo” e 47 ptos