PROVINCIAL CORUÑA COELLO
Abraldes Crujeiras acada o primeiro posto do provincial coruñés de coello
18/09/2023

Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado 16 de setembro, desputábase unha edición máis do Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello. Proba que trascorreu nos terreos do Tecor Bergantiños Norte e foi organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza Venatoria de Bergantiños.

Con ata un total de 92 cans inscritos arrincaba este campionato no que os participantes, cos seus lotes de cans, realizaron prestacións de enorme calidade. A proba estivo dirixida por Manuel Penabad Corral e actuaron como xuíces: Oscar Esparís, Jose María Álvarez, Luis Alberto Martínez, Jose Manuel Pallas, José Moure e Secundino Carballo.

Foi o lote propiedade de Francisco Abraldes Crujeiras o que acadaba o título provincial participando cos cans “Trufa, Keila, Luz e Luna” e obtendo un total de 539 puntos. O subcampionato recaía en Juan Casal Tato, campión da edición anterior, participando cos cans “Kira, Kala, Mia e Nube” e 512 puntos. O terceiro posto, a tan so dous puntos do subcampión, era para o lote propiedade de Juan José Formoso Raposo cos seguintes cans “Nuca, Luna, Flor e Tula”.

A cadela de nome “Trufa” propiedade do campión Francisco Abraldes Crujeiras foi nomeada como “Mellor Can da Proba” con 139 puntos.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.