CAMPIONATO GALEGO RASTRO COELLO
Os beagles de Francisco Abraldes acadan o autonĂ³mico de rastro de coello no Grove
02/10/2023

XXXII Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello

Con máis de medio cento de cans competindo, o pasado 30 de setembro, tiña lugar a edición número XXXII do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello no concello pontevedrés de O Grove.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e grazas á colaboración da Sociedade de Caza de San Martín do Grove desputábase o autonómico de coello no cal Rafael Prol, Ramón Rodríguez e Jose Manuel Martínez formaron o Xurado de Competición e José Antonio Montoiro encargaouse da dirección do mesmo. 

Un campionato no que participaron diferentes lotes clasificados nos respectivos campionatos provinciais da Coruña e Pontevedra. As altas temperaturas pouco habituais nestas datas do calendario non impediron que se realizaran prestacións de alto nivel.

O campión provincial coruñés, Francisco Abraldes Crujeiras foi o que acadou o posto máis alto da clasificación cun total de 569 puntos, participando cun lote de beagles composto por “Trufa, Keyla, Luz e Luna“ obtendo deste xeito o campionato galego deste 2023.

A segunda posición e con 540 puntos era para o lote de basset leonados propiedade de Juan Casal Tato que participou con “Nube, Cala, Kira e Mia”. O bronce era para Alfonso Rey Baulde, actual campión provincial de Pontevedra e que repetiu a mesma posición acadado no pasado autonómico da especialidade cos beagles “Fousa, Clay, Fusta e Fara” e 460 puntos.

O cadela de nome “Luz” propiedade do campión Francisco Abraldes Crujeiras foi nomeada como Mellor Can da Proba cun total de 150 puntos. Francisco Abraldes culminou unha brilante actuación neste 2023 recibindo tamén a placa de campión da Copa Galicia da especialidade.

Coa entrega de premios e a inteverción no acto de clausura das autoridades, entre as que se atopaba o presidente provincial da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo; o vicepresidente da FGC, Ramón Rodríguez e o presidente da Sociedade de Caza, Jose Manuel Martínez, rematou o Campionato Galego de Cans de Rastro de Coello 2023.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.