MEMORIAL FAUSTINO VILLARNOVO
Víctor Varela con “Cora” gañador do Memorial Faustino Villarnovo de San Huberto
02/10/2023

O sábado 30 de setembro, desputouse nos Tecores de Eixil e Ortegal unha proba de San Huberto puntuable para a Copa Galicia da especialidade en memoria de Faustino Villarnovo.

A proba estivo organizada pola Agrupación de Cazadores de Ortegal, a Sociedade de Caza e Pesca Cedeira-Cerdido e a Federación Galega de Caza na Coruña.

Preto de 25 cazadores participaron neste emotivo memorial a Faustino Villarnovo, cazador e no seu día presidente do Tecor Eixil, gran defensor da caza e colaborar en todas as diferentes actividades en prol da caza.

Divididos en tres campos e sendo xuzgados por José Moure, Antonio Fraga e José Manuel Pallas comenzaba esta proba puntuable da Copa Galicia na que, despois dun intenso e vistoso barrage, daba como gañador a Víctor Varela Castro ca braco de nome “Cora” e 59 puntos. A un punto de Varela pero en segunda posición remataba Jorge Fernández Dobarganes co pointer “Baster”. O bronce era para Roberto Dopico Dopico que participou co setter “Bruxo” e acadaba unha puntuación de 52 puntos. O xurado de competición estivo formado por Javier Muiño e Julián Gandarela.

No trascurso da entrega de premios aos gañadores, familiares de Faustino Villarnovo recibiron un recoñecemento e agasaio por parte da Sociedade de Caza Ortegal, representada polo seu presidente Jose Luis Pérez; da Sociedade de Caza Cedeiro - Cerdido representada polo presidente Ángel Javier Muiño e da FGC  representada polo seu secretario xeral José Moure