CURSOS FORMACIÓN FGC
300 cazadores participan na Escola de Caza 2023 da FGC
06/10/2023

O luns 2 de outubro a Escola Virtual da Federación Galega de Caza abriu as súas portas para dar comenzo os Cursos de Formación deste 2023.

Os preto de 300 cazadores inscritos recibiron as claves de acceso, nos derradeiros días do pasado mes de setembro, e ata o vindeiro 27 de outubro terán dispoñibles os Cursos de Formación a calquer hora do día e calquer día da semana. 

Os cazadores galegos xa están adquirindo coñecementos sobre as seguintes temáticas: formación de responsables de sociedades de caza, enfermidades da fauna cinexética, saúde alimentaria, xestión de residuos e prevención da sinestrabilidade durante a práctica cinexética.