A FGC presenta ante os medios de comunicación o Campionato de España de San Huberto
A Federación Galega de Caza ven de convocar para o vindeiro 6 de setembro, ás 12h, no Salón Quintana do Hotel Porta do Camiño, en Santiago de Compostela unha rolda de prensa á que están invitados tódolos medios de comunicación e revistas especializadas.