Resultados do Campionato Provincial de Ourense de caza menor con can
Francisco Vázquez, da Sociedade de Caza Lobios, con 8 pezas e 1400 puntos proclamábase campión provincial de Ourense, na modalidade de Caza Menor con Can, disputado no tecor da sociedade de cazadores Xinzo de Límia o pasado día 4 de novembro, baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense.