CAZA RAPOSO
A cuadrilla “Salceda” proclámase Campiona Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo
12/1/2010

O pasado 9 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo, que tiña lugar en montes dos concellos de Meaño, Sanxenxo, Meis, Ribadumia e Vilanova, organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra. Participaban na proba un total de 58 cuadrillas de toda a provincia, que conseguían abater un total de 47 raposos. A cuadrilla gañadora era “Salceda” que conseguía abater tres raposos, os mesmos que “Cibrán”, que remataba segunda e “Armenteira” que acadaba o terceiro posto. Estas tres cuadrillas xunto con “Morrazo”, cuarta clasificada, participarán no vindeiro Campionato Galego da modalidade.

CLASIFICACIÓN
Pos Cuadrilla Capturas
Salceda 3 raposos
Cibrán 3 raposos
Armenteira 3 raposos
Morrazo 3 raposos
Bertaña 1 2 raposos