XABARIL MONFERO
Sergio García Fernández foi o gañador do Campionato de Rastro de Xabaril “Concello de Monfero”
9/6/2010

O pasado 5 de xuño disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores Virxe da Cela, en Santa Juliana, Monfero (A Coruña) o primeiro Campionato de Cans de Rastro de Xabaril “Concello de Monfero”, que organizaba a Sociedade de Caza Virxe da Cela en colaboración coa Sociedade de Caza Vilarmón e a Federación Galega de Caza en A Coruña.

Remataba a proba e era Sergio García Fernández quen co seu can “Kun” resultaba gañador ao acadar 245 puntos.  Segundo clasificado era Alberto Arnoso García con “Chino” que remataba con 220,5 puntos. Terceiro clasificado Álvaro Fontenla Filgueira con “Terco” que chegaba aos 215 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Sergio García Fernández Kun 245
Alberto Arnoso García Chino 220,5
Álvaro Fontenla Filgueira Terco 215
José M. Barreiro Ribadas Brus 210,5
Benjamín Puente Elemparte Pol 205