CANS PARADA PONTEVEDRA
Gañadores da Copa Federación de Pontevedra de Cans de Parada, disputada en Baiona
30/8/2010

O pasado 29 de agosto tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores “As Tres Bes”, en Baiona, a Copa Pontevedra de Cans de Parada que organizaba a Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Caza “As Tres Bes” de Baiona.

En razas británicas o gañador era “Maco” (P M) de Alejandro Lorenzo Condesa que acadaba a calificación de “Excelente”. O SIM “Arco de Videsa” de José Luis Méndez Tesouro acadaba a mesma calificación e remataba segundo, sendo o terceiro posto para “Back de Chan da Lagoa” (SIM) José R. Zamora Lorenzo cun “Moi bo”.

En razas británicas só o can de Juan Lorenzo Pazó “Turo” (BAM) acadaba clasificarse sendo a sua calificación de “Excelente”.

En springers acadaba as duas mellores puntuacións de “Excelente” David Andrew Hawatson con “Júpiter” (SSM) que remataba no primeiro posto e con “Furud” (SSM) que remataba segundo.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Calif.
  RAZAS BRITÁNICAS    
Alejandro Lorenzo Condesa Maco (PM) Exc.
José Luis Méndez Tesouro Arco (SIM) Exc.
José Ramón Zamora Lorenzo Back (SIM) M.B.
  RAZAS CONTINENTAIS    
Juan Lorenzo Pazó Turo (BAM) Exc.
  SPRINGER    
David Andrew Hawatson Júpiter (SSM) Exc.
David Andrew Hawatson Furud (SSM) Exc.