CAMPIONATO ESPAÑA ARCO
Os arqueiros da FGC fixéronse co podio nacional
5/10/2010

Maria Luisa Rodríguez, Marcos Gómez, e Isidro Bandeira, fanse co ouro, prata e bronce, na clase Tradicional, no Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco, mentres que Maria Dolores Burín consegue o bronce en Asistido.

Os mellores arqueiros de toda España déronse cita a pasada fin de semana na localidade cacereña de Plasencia para disputa-la final do Campionato de España de Arco, na que participaba a selección galega de Percorridos de Caza con Arco integrada por sete séniors, dous cadetes, dúas donas, e un xuvenil, que competían nas clases de Asistido e Tradicional.

En Tradicional, a arqueira da sociedade Arco Lemos, María Luisa Rodríguez, facíase co ouro na categoría de donas, mentres que o seu compañeiro, Marcos Gómez, da sociedade Cazarco, que competía na categoría de cadete facíase coa prata. O bronce, sería tamén para outro galego, neste caso para o xuvenil da sociedade Cazarco, Isidro Bandeira.

Na clase de Asistido, a arqueira da sociedade Cazarco, Dolores Bugarín, que competía na categoría de donas, lograba tamén pódio, neste caso un bronce.