XESTIÓN E MEDIO AMBIENTE
Comezan os preparativos da VIII xornada sobre xestión e medio ambiente de Portas
1/4/2011

Como en anos anteriores, unha das premisas fundamentais é manter o carácter de gratuidade para tódolos asistentes.

Xa comezaron os contactos para dar contido a esta consolidada xornada formativa-divulgativa que este ano alcanza a sua oitava edición. Nunha reunión da organización fixouse a data de celebración, que como ven sendo habitual manterase no primeiro fin de semana do mes de xuño, concretamente este ano será o sábado día 4.

Tamén se puxeron sobre a mesa os nomes de varias persoas para poder contar en Portas, unha vez máis, con poñentes do máis alto nivel en materia de xestión e investigación. Neste senso, dende a organización quérese adiantar que están moi avanzadas as negociacións para poder presentar de novo as últimas novidades en canto a experimentación científica en todo canto a coello de monte se refire.

Nos vindeiros días espérase pechar o programa definitivo desta VIII Xornada de Xestión Cinexética e Medio Ambiente de Portas para dar a coñecer a todo aquel que desexe achegarse a Portas o vindeiro 4 de xuño.