SILVESTRISMO PONTEVEDRA
A Illa da Toxa acolleu o canto dos paxaros
3/5/2011

O pasado día 1 de maio, disputábase na Toxa (O Grove) o Campionato Provincial de Silvestrismo de Pontevedra, que organizaba a Federación Galega de Caza de Pontevedra en colaboración coa Agrupación Ornitolóxica Deportiva de Silvestrismo O Grove.

Destacar a existencia de participación en tódalas categorías nas que se disputaba a proba, e quedando a clasificación do seguinte xeito.
Na categoría de pardillo novel, o gañador da proba era Adolfo Souto Souto, que acadaba 9 puntos, mentres que no segundo posto remataba Elisa Pereira Pereira Ares, con 5 puntos. José Ramón Rey Pérez era o terceiro clasificado ao acadar 4 puntos.

Na categoría de pardillo adulto vencía Celso Pérez Genoriano cun total de 5 puntos, 2 puntos por diante do segundo clasificado, Rafael Prol Caneda. Xa no terceiro posto e con 1 puntos, situábase Fernando López Costa. O gañador en mixto de pardillo era Javier Gómez Alcalde cun total de 14 puntos.

A categoría de verderón tiña como gañador a Robin Prol Devesa, que gañaba con 6 puntos, por diante de Bens Pérez Ferrados, que con 2 puntos situábase no segundo posto. En xílgaro novel o gañador, con 14 puntos, era José María Rodríguez Costa mentres que o segundo posto era para Roberto Custodio Santome, que acadaba 10 puntos. Completaba o podio Félix Romay Pérez con 9 puntos.

O gañador na categoría de xílgaro adulto era Miguel Rodal Gayo, que acadaba 8 puntos. Arturo Bemposta López era o segundo clasificado con 7 puntos, mentres que Ángel Gonzalez Agulla remataba no terceiro posto con 4 puntos.

Xa finalmente, na categoría de mixto de xílgaro o gañador era Roberto Custodio Santome cun total de 75 puntos, superando a José Maria Rodríguez Costas que remataba segundo con 64 puntos. Xa no terceiro caixón, situábase Estrella Rodríguez Fernández cun total de 57 puntos.