COPA GALICIA RASTRO XABARIL
Álvaro Fontenla con “Ludo” foi o gañador en Ordes
10/5/2011

O pasado 7 de maio disputábase no Tecor do Concello de Ordes a VIII edición do Campionato de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril, organizado polo Clube de Amigos dos Cans de Caza en colaboración coa Federación Galega de Caza na Coruña e a Asociación de Cazadores de Ordes.

No transcurso da proba, as condicións climáticas foron as axeitadas para que o rastro trazado previamente se mantivera en boas condicións o que permitiu, tanto ao publico alí presente como os participantes, desfrutar do bo facer de monteiros e cans sobre o rastro do suido.

Foi o can “Ludo” atrelado por Álvaro Fontenla Filgueira quen na fase final da proba traspasou a difícil barreira dos 200 puntos obtendo un total de ata 227 puntos co que se impoñía nesta proba. Segundo foi José Quintela García con “Sil” e 195 puntos e xa no terceiro posto situábase o pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Clai” e 186,5 puntos.