TROFEO CIDADE NARÓN
Francisco Rodeiro e Carlos Lalín gañadores en Rastro de Xabaril e San Huberto respectivamente
25/5/2011

Probas puntuables para a Copa Galicia

Organizado pola Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, coa colaboración do  concello de Narón e a FGC en A Coruña, o pasado sábado día 21 de maio nos terreos que dita sociedade posúe na parroquia de Sedes, así como os cedidos polo Tecor de "San Sadurniño”; déronse cita un total de 33 monteiros e 41 cans, na modalidade de Rastro de Xabaril.

A proba foi xulgada por M. Vázquez e J.M. Pita; e unha vez disputada a fase clasificatoria e a final, foi Francisco Rodeiro Eiras co sabueso español “Sil” o que acadou un total de 233 puntos que o encumbraron o primeiro posto da clasificación. O can “Brus” conducido por José Manuel Barreiro Ribadas con 227 puntos acadou o subcampionato, e xa no terceiro posto situouse José Pedre Pernas con “Ney”. 


San Huberto
Na proba de San Huberto, déronse cita 30 concursantes que participaron divididos en tres baterías xulgadas por M. Rebordelo, P. Varela e D. Romero.

O cazador de Lalín, Carlos Lalín Ferreiro acompañado pola pointer “Koka”, fíxose co primeiro posto da clasificación. Álvaro Suárez Mera con “Full de Caaveiro” obtivo o subcampionato e Rene Vale García co setter inglés “Top” a terceira posición.