XUNTANZAS
Nogueira continúa coa rolda de entrevistas institucionais
29/8/2011

O presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, prosigue a súa rolda de entrevistas cos responsables de Caza e de Montes. Na mañá do venres, acompañado do Secretario Xeral da Federación, Ramón Rodríguez, foi recibido polos Directores Xerais de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón; e polo Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto.

Na recepción mantida co responsable de Caza da Consellería do Medio Rural, o presidente dos cazadores federados facíalle entrega dun dossier no que se poñía de manifesto a importancia da caza dentro da economía galega, polo que neste difícil momento económico que está a atravesa-la economía en xeral, debería comezar a considerarse a Caza como un novo sector económico dentro da Comunidade Autónoma. A actividade cinexética, segundo Javier Nogueira, move na actualidade só en Galicia unha cifra de negocio próxima aos 95.000.000 €, segundo datos do estudio realizado pola USC en colaboración co Observatorio da Caza da FGC. Esta actividade deportiva que practica o 2% da poboación galega –cifra que se duplica cando nos referimos á poboación das provincias do interior- está implantada en tódolos municipios e aldeas galegas, que contan cun ou varios tecores (antes denominados coutos de caza) o que trasladado a outros deportes sería equivalente a dicir que tódolos concellos galegos teñen un ou varios polideportivos ou contan cun ou con varios equipos federados.

Entre as necesidades plantexadas ao Director Xeral de Conservación polo representante federativo cabe sinalar un Proxecto co que se pretende facer unha divulgación social da caza para espertar na sociedade a importancia desta actividade deportiva tanto social como económicamente; ao tempo que a FGC pretende seguir formando aos cazadores e aos responsables das sociedades de caza principalmente no aspecto de prevención dos riscos para seguir avanzando na reducción da sinistrabilidade coa meta posta en alcanza-los cero accidentes.

Outra das demandas dos cazadores Galegos foi pedirlle á Consellería que manteña as axudas ás sociedades de cazadores para a mellora do hábitat das distintas especies cinexéticas e para a prevención dos danos que están a ocasionar estes animais na agricultura; e por último a Federación Galega de Caza plantexou a súa disposición para que se instale nas oficinas federativas a aplicación informática da Consellería para poder emiti-las  licencias de caza desde as súas sedes.

Pola súa parte o Director Xeral, García Borregón, mostrouse disposto a estudia-las necesidades do sector, e agradeciu especialmente aos cazadores o esforzo que realizaron en cumpri-lo cupo de capturas para o control de poboación da caza maior, superando, no caso do xabaril, nun 32% ás da tempada anterior, con 13241 exemplares. O responsable de Caza da Consellería  informaba aos responsables federativos da apertura da caza especial do paspallás na Baixa Límia que arrancará esta fin de semana, e  do borrador da nova lei de caza que según o Director Xeral está na súa última fase, prácticamente listo para  a apertura da participación.

Do despacho de García Borregón, os federativos dirixíanse ao despacho de Fernández Couto-Juanas, Director Xeral de Montes, ao que presentaban tamén un proxecto mediante o cal o colectivo dos cazadores -implantado en toda Galicia e cun coñecemento do medio que significa un activo do cal non se debe prescindir nunha materia tan delicada e que tanto atinxe ao medio ambiente na Comunidade Galega- ponse a disposición do Responsable de Incendios para colaborar na prevención e, mesmo se fora o caso, na extinción,  iniciativa que escoitou con especial interese o Director Xeral, comprometéndose a estudialo e telo en conta de cara á próxima campaña.