RAPOSO PONTEVEDRA
O equipo "San Salvador de Escuadro" de Silleda foi o gañador provincial
16/1/2012

Un total de 46 equipos participaron neste campionato provincial

O pasado 14 de xaneiro, tivo lugar o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra coa colaboración das sociedades de cazadores dos Tecores de Cercedo, Forcarei, Río Umia, Coirego, O Campo, Refuxio Conla e Pontillón do Castro.

A elevada participación e as boas condicións climáticas para o desenrolo da actividade cinexética, converteron a esta proba nunha extraordinariaxornada de caza.

A sorte fixo que o equipo de Silleda – San Salvador de Escuadro obtivera o primeiro posto cun total de 1.500 puntos. Co mesmo número de puntos e en segunda posición situouse o equipo Caselas. Completou o podio a cuadrilla Montes de Arousa 3 con 1.000 puntos.

A estes tres primeiros equipos, engádeselle o cuarto clasificado, equipo San Xoán de Poio 2, conformando así a representación provincial de Pontevedra no vindeiro campionato autonómico da modalidade.