Revista de Prensa


Francisco García · 25/11/2013

Ignacio Munilla Rumbao, investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC), expuxo, no transcurso dunhas xornadas en Piornedo (Cervantes), que a extinción do urogallo na serra dos Ancares estivo directamente relacionada coa caza furtiva.

Este especialista foi un dos participantes no seminario "A pita do monte en Galicia: pasado, presente e futuro", que se desenvolveu durante este fin de semana na montaña lucense, organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Asociación Galega de Ornitoloxía, en colaboración co colectivo Urogallo Cantábrico.