Revista de Prensa


Queren que a futura Lei de benestar dos animais recolla as singularidades dos seus cans

· 14/4/2016

A Federación Galega de Caza pide nas súas alegacións ao anteproxecto de Lei de protección e benestar dos animais que quede claro que non se considere agresión a un can aquelas que se poidan producir no transcurso dunha acción cinexética autorizada. Tamén solicitan que se eleve ata 15 o número de animais que se pode ter nunha canceira deportiva, que se permita o uso de colares eléctricos homologados, e tamén rebaixe o grao de moitas das sancións que establece a norma. Sosteñen desde a Federación que os cans de caza teñen peculiaridades que deben ser atendidas.

Para as organizacións animalistas, as alegacións dos cazadores supoñen na práctica someter a futura normativa á Lei de caza, e cren que abre as portas a permitir abusos sobre os cans.

A Administración debe resolver estas e outras alegacións que se presentaron ao anteproxecto, que se non se atranca nesas dilixencias aprobaríase antes do verán. 

Ver vídeo