Revista de Prensa


· 15/10/2009

A actividade da caza xera en Galicia un volume medio de negocio anual superior ós 94,5 millóns de euros. Esta é unha das conclusións que se tiran do Estudo socioeconómico sobre a caza e o perfil do cazador en Galicia, elaborado polo Observatorio da Caza da Federación Galega de Caza e presentado onte en Santiago. O presidente da federación, José María Gómez Cortón, comparou este valor con outras actividades como o cultivo de pataca (120 millóns anuais), a produción de uva (97 millóns) ou a produción de ovos (47 millóns). Ademais, Gómez Cortón indicou que o gasto medio anual por persoa para desenvolver esta actividade é de 1.745 euros.