Revista de Prensa


A Festa do Porco Bravo do Incio celebrarase este ano o día 14 de maio, coincidindo co festival de Eurovisión. Os organizadores do evento -a asociación Ouriceira e a sociedade de cazadores do Incio- queren así mostrar o seu apoio á representane de España no festival, a veciña do municipio Lucía Pérez.
· 11/4/2011

A festa celebrarase baixo unhas carpas situadas no centro urbano da Cruz do Incio. Comezará ás 14.00 horas cunha comida a base de petiscos de empanada, xabaril con patacas, sobremesas e bebidas. A partir das catro da tarde e ata as oito haberá animación musical e diversos xogos para os máis pequenos.

As entradas poderanse obter nos bares do Incio ata o día 10 de maio a un prezo de 15 euros para adultos e 7 euros para menores de entre 5 e 12 anos. A organización recomenda adquirir os cartóns cando antes, dado que as prazas son limitadas.

A sociedade de cazadores e a asociación cultural, deportiva, ambiental e da terceira idade A Ouriceira organizan este evento desde hai catro anos.