Revista de Prensa


Os presidentes e algúns membros das directivas dos catro cotos de caza da Mariña Oriental, isto é, os dous de Ribadeo, o de Trabada e o de San Cosme de Barreiros, mantiveron antonte un encontro en Vilela con agricultores da zona, encabezados polo trabadense José Manuel Oliveros, e cun representante da cooperativa Os Irmandiños, no que lograron achegar posturas sobre os danos que ocasionan nas colleitas os xabarís.
· 25/6/2011

Éste é o primeiro dunha serie de encontros previstos proximamente entre ambos os colectivos para buscar unha solución ao incremento dos danos que ocasiona nos sementados o aumento da poboación de xabarís na zona, feito que admiten os propios cazadores.

Os presidentes dos tecores, que advertiron de que tampouco se poden facer cargo do problema porque se non terían que deixar a actividade, mostráronse dispostos a colaborar en todo o posible, por exemplo, «solicitando batidas á Xunta para eliminar o exceso de xabarís, creando máis sementados para disuadilos de ir comer ós sementados dos agricultores e acudindo onde vexan os propietarios que hai máis problemas para cazar alí cando empece a tempada en setembro», entre algunhas das medidas contempladas.