Receitas de Caza

Arceas á cazola
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(para 4 persoas)
· 2 arceas listas para a cocción.
· 100 g de xamón serrano.
· 5 cullaradas de aceite de oliva.
· 1/2 vaso de viño blanco.
· 1/2 vaso de Marsala (viño licoroso).
· Asadura da arcea
· 2 anchoas en sal.
· 1 cullaradiña de alcaparras.
· Sal.

Elaboración:
Envolvemos a peituga das arceas cas lonchas de xamón. Dorámolas nunha cazola con tres cullaradas de aceite. Botámoslle o sal e a metade da cantidade de viño e de Marsala que empreguemos. Todo isto déixase cocer durante uns vinte minutos, ata que esté ben tenras.

Mentres se vai cocendo o preparado, lavamos a asadura de arcea con moito coidado. Picámola xunto coas alcaparras e as anchoas (sen espiñas). Sofritimos todo co aceite; vertendo o resto do Marasala e do viño e deixando cocer todo xunto durante uns 10 minutos.

Servimos todo en pratos quentes, decorando con rebanadas de pan torrado, sobre as cales se esparceu a asadura.