Receitas de Caza |
Enviada por: FGC Ingredientes: (para 5 persoas) · 1 perna de xabaril · 300g de carne picada · 1 ovo · A metade dun vaso de calvados · Tomiño · Loureiro · Sal e pementa Elaboración: Para o recheo: mesturar a carne co ovo, o tomiño (2 polas), loureiro (2 follas), un pouco de sal e pementa e medio vaso de calvados. A continuación, desosar a perna (o menos fácil do proceso). Poñer o recheo no interior da perna, logo atala cun cordel. Poñela no fondo dunha bandexa para facela cociñar con cebola, auga e aceite. Sobre a perna un pouco de aceite e un pouco de viño de calvados. Poñer no forno, cubrir cun papel de aluminio ao principio da cocción, logo pode retirarse o papel. Servir. |