Receitas de Caza

Asado de cervo ás uvas e ás setas
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(para 4 persoas)
· 1 perna de xabaril
· 250g de setas mesturadas
· 120g de calabaza
· 100g de uvas brancas e negras
· 4dl de viño de Rioja
· 2 chalotas cortadas en 2
· 2 follas de loureiro
· 2 cravos
· 2 culleradas de aceite
· 1 culleradiña de tomate
· 1 cullerada de manteiga
· Tomiño
· Sal e pementa
Elaboración:
Nunha bandexa colocar a carne, o viño, as chalotas, as follas de loureiro, os cravos e deixar marinar 1 hora. Retirar a carne escurríndoa ben. Salpimentar. Colocar a carne nunha cacerola sobre o fogo vivo co aceite, engadir o tomate, rehogar e a continuación engadir o viño. Cubrir e deixar asar a fogo suave 90 minutos aproximadamente. Engadir eventualmente un pouco de viño. Coller as setas, cortalas e botalas cunha cullerada de manteiga nunha tixola xunto ca calabaza cortadas en pequenos dados. Salpimentar, engadir as uvas, as follas de tomiño durante 2 a 3 minutos.